Máis de 20 denuncias e 149 identificados nos 56 operativos da Policía Autonómica na fin de semana

19 desas denuncias tramitáronse por non levar máscara en situacións nas que é obrigatoria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2021 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo na fin de semana un total de 56 dispositivos en 24 concellos galegos nos que foron tramitadas 22 denuncias.

Os controis realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19, e saldáronse con 149 persoas identificadas.

Entre o 9 e o 11 de xullo, os axentes realizaron na provincia da Coruña 7 dispositivos nos concellos de Ames, Boiro, O Pino e Santiago de Compostela, cun total de 5 denuncias e 5 identificacións.

Na provincia de Lugo tramitouse unha denuncia e identificouse a catro persoas en 16 dispositivos levados a cabo nos concellos de Begonte, Foz, Lugo, A Pastoriza, Ribadeo, Sarria e Viveiro.

En canto aos controis levados a cabo pola Policía Autonómica na provincia de Ourense, realizáronse 13 dispositivos nos concellos de Ourense, Pereiro de Aguiar, Piñor e San Cibrao das Viñas, no que foi identificada unha persoa, sen que se tramitase ningunha denuncia.

E na provincia de Pontevedra, nos 20 dispositivos realizados en Barro, Caldas de Reis, A Illa de Arousa, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Sanxenxo, Vigo e Vilaboa rexistráronse 16 denuncias e identificouse a 139 persoas.

A maioría das denuncias (19) foron por non levar máscara en situacións nas que era obrigatoria, e outras tres tramitáronse por fumar sen gardar a distancia de seguridade.

Varios mozos nun dos locais de lecer nocturno do Porto de Sanxenxo. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Varios mozos nun dos locais de lecer nocturno do Porto de Sanxenxo. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta