Detectados 11 positivos por Covid nun cribado en Cambados, seis noutro en Marín e dous en Caldas de Reis

Houbo menos dun 50% de participación dos convocados de 18 a 39 anos.

Por E.P. | Pontevedra | 13/07/2021 | Actualizada ás 15:46

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectou 11 positivos nun cribado realizado a pasada fin de semana en Cambados e outro seis nun en Marín, ambos con menos dun 50% de participación dos convocados de 18 a 39 anos.

Dispositivo de cribado masivo
Dispositivo de cribado masivo | Fonte: Europa Press.

Segundo informou esta área sanitaria, o cribado de Cambados levouse a cabo o pasado día 9 e dos 2.500 citados de 20 a 39 anos a PCR realizáronse 1.152 probas, que supoñen unha asistencia do 46,08%, dos que se obtiveron 11 positivos.

Pola súa banda, ao cribado efectuado o 10 de xullo con mil convocados en Marín de 18 a 35 anos, acudiron 297 citados, un 29,7% de asistencia, que se saldou con seis positivos nas probas PCR.

Mentres, noutro cribado feito este domingo pasado en Marín con 400 citados, participaron 134 persoas de 18 a 35 anos no test de antíxenos, o 33,5% de asistencia, e obtívose un positivo por Covid.

E no cuarto cribado, levado a cabo o día 9 en Caldas de Reis con 1.530 convocados de 18 a 35 anos, contou con 766 asistentes ao test de antíxenos (50,07%), e saldouse con dous positivos.

Ademais, no cribado realizado este luns día 12 en Marín, con 400 citados de 18 a 35 anos, participaron nas probas172 persoas e detectáronse catro positivos.

Este martes está convocado outro cribado en Marín con 800 convocados de 18 a 35 anos; este mércores outro na mesma localidade con 800 persoas da mesma idade e o xoves outro con 800 chamados dos mesmos anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta