Citados máis de 3.000 mozos de Carballo a un cribado este mércores

Por Europa Press / Redacción | Carballo | 13/07/2021 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

Máis de 3.000 mozos veciños da localidade coruñesa de Carballo están convocados a un cribado para detectar casos de Covid-19 este mércores en horario de mañá e tarde mediante PCR.

Un home sométese a un test de antíxenos nun dispositivo de cribado masivo na Coruña.
Un home sométese a un test de antíxenos nun dispositivo de cribado masivo na Coruña. | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Segundo informou a área Sanitaria da Coruña e Cee, deste xeito continúa cunha "intensa actividade" de procura de casos positivos de Covid-19. Así, en horario de mañá (9,00 a 14,00 horas) e de tarde (15,00 a 18,00 horas), terá lugar este cribado poboacional mediante test PCR aos veciños de entre 18 e 30 anos.

As probas levaranse a cabo no Centro de Saúde de Carballo e todos os veciños deste concello pertencentes á franxa de idade establecida, uns 3.190, serán citados mediante mensaxe SMS nos seus teléfonos móbiles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta