Trasladado en helicóptero tras ser atropelado por un tractor en Santa Comba

Os feitos tiveron lugar na tarde do martes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2021 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

Un home foi evacuado en helicóptero medicalizado na tarde deste pasado martes despois de ser atropelado por un tractor no municipio coruñés de Santa Comba.

Segundo informou o 112 Galicia, varias persoas particulares chamaron sobre as 20,30 horas deste martes para solicitar asistencia medica para un home atropelado por un tractor no lugar de Randufe de Arriba. Así mesmo, as testemuñas indicaron que a vítima supostamente estaba atrapada debaixo dunha das rodas do vehículo.

Os operadores do CIAE-112 Galicia alertaron aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Santa Comba, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local. Ademais, tamén se lle comunicou a información a Protección Civil da localidade.

Poucos minutos despois, Urxencias Sanitarias notificoulle ao 112 que ían mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago para o lugar dos feitos.

Finalmente, os medios de intervención desprazados ao momento confirmaron que a persoa non estaba atrapada polo vehículo agrícola e que foi evacuada na aeronave a un centro hospitalario.

Un tractor madeireiro sen condutor choca contra unha casa en Maside (Ourense) por un fallo nos freos.. GARDA CIVIL
Un tractor madeireiro sen condutor choca contra unha casa en Maside (Ourense) por un fallo nos freos.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta