Os coches a gasolina, diésel ou híbridos teñen os días contados

Bruxelas quere prohibir a venda de coches de combustión e híbridos en 2035.

Por Europa Press / Redacción | BRUSELAS | 14/07/2021 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

A Comisión Europea propuxo este mércores prohibir a venda de coches de combustión e híbridos a partir de 2035, un obxectivo vinculante para o que reclama tamén o despregamento dunha rede suficiente de recarga en toda a UE e que forma parte dun paquete máis amplo para tentar reducir as emisións do bloque un 55% en 2030 (con respecto aos rexistros de 1990).

Para iso, os expertos comunitarios expoñen un avance gradual cun obxectivo intermedio de redución do 65% das emisións contaminantes dos novos coches e furgonetas en 2030 e reducilas a cero cinco anos despois.

Nesta senda, os automóbiles híbridos están tamén "chamados a desparecer", sinalan fontes comunitarias, que matizan que este tipo de vehículos teñen aínda un papel relevante que xogar na redución progresiva de emisións.

No caso da automoción, Bruxelas quere centrar os esforzos nos coches e furgonetas porque representan o "gran problema" de Europa para controlar as emisións, polo que os vehículos de dúas rodas quedan excluídos das novas normas.

Tampouco afectará os vehículos pesados porque están cubertos por unha lexislación máis recente que Bruxelas sopesa revisar o próximo ano, cando teña máis datos sobre esta frota e a súa pegada ecolóxica.

Para asegurar a transición dos condutores europeos a coches de batería ou hidróxeno, a Comisión quere tamén que os Estados membro tomen medidas para asegurar que poderán recargar os seus vehículos cando transiten polo territorio europeo. Deste xeito, a proposta de Bruxelas prevé un punto de recarga eléctrica fixo cada 60 quilómetros na rede transeuropea de transporte (TEN-T) e cada 150 quilómetros para a reposición de hidróxeno.

AVIACIÓN E MAR NO SISTEMA ETS

O fin da produción de coches diesel ou gasolina é unha das medidas chave pero non a única do vasto paquete bautizado como 'Fit for 55' co que o Executivo comunitario quere reducir as emisións do 55% en 2030 (con respecto aos rexistros de 1990), que inclúe tamén iniciativas que afectarán os sectores aéreo e marítimo.

Unha muller pon gasolina ao seu vehículo nunha gasolineira,
Unha muller pon gasolina ao seu vehículo nunha gasolineira, | Fonte: A. Pérez Meca - Europa Press

A Bruxelas preocúpalle tamén a falta de compromiso na redución de emisións en áreas como o transporte por estrada ou a construción, polo que expón tamén un sistema de comercio de emisións paralelo para a distribución de combustible nestes dous sectores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta