Fuerteventura, Eivissa, Menorca e Bolonia, novas rutas de Ryanair desde Santiago

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/07/2021 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

Fuerteventura, Eivissa e Menorca este verán e Bolonia no inverno son as novas rutas que anuncia a compañía Ryanair para o aeroporto de Santiago de Compostela.

Avión da compañía irlandesa Ryanair na pista dun aeroporto
Avión da compañía irlandesa Ryanair na pista dun aeroporto | Fonte: Ryanair - Europa Press.

A aeroliña lanzou o seu calendario de 2021 en Santiago como parte da súa recuperación da crise da covid. Así, operará un total de 16 rutas e máis de 70 voos semanais, o que inclúe estas tres novas rutas de verán e unha de inverno, que transportarán a 1,1 millón de pasaxeiros ao ano.

Ryanair asegura estar a restablecer a conectividade de Santiago e recuperando o tráfico aéreo español, mentres continúa as campañas de vacinación en toda Europa a tempo para a tempada alta de vacacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta