O dono do bar franquista de Arteixo nega ter colgado carteis de "rojos al paredón"

Asegura que as proclamas foron situadas no seu local "para facer polémica": "de dereitas son, pero non un asasino".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Un verán máis, renace a polémica do bar con decoración franquista de Arteixo. 'O Ferrador', un local situado na estrada entre as vilas de Caión e Barrañán, saltou o pasado mes de agosto aos xornais nacionais despois de que Galicia Confidencial se fixera eco da resposta social ante o seu peculiar atrezo: a fachada está salpicada con bandeiras que mostran a Águila de San Xoan e, nalgunhas delas, proclamas propias da ditadura do século pasado.

Bar con simboloxía franquista en Arteixo
Bar con simboloxía franquista en Arteixo | Fonte: O Ferrador

José Manuel, o dono do local, xa apuntou pola etapa estival pasada que non retiraría a decoración por "estar no seu dereito", ao tratarse dunha propiedade privada. Agora, a polémica vén de subir un novo chanzo ao aparecer na fachada do bar carteis con chamamentos á "resurrección" de Franco --"España te necesita", engade-- ou con oracións tan contundentes como a seguinte: "Rojos no hay perdón, al paredón".

Logo de que diversos medios se fixeran eco do acontecido, o propietario do local vén de saír na súa defensa ao asegurar que os carteis foron colocados por terceiros e que el "non ten nada que ver". "Isto viñeron poñelo aquí para sacar a foto e xerar polémica", asegura o dono, que di non ter "nada en contra dos rojos". "Eu vou cun rojo a misa", asegura, antes de apuntar que "de dereitas son, pero non son un asasino".

José Manuel sostén, neste aspecto, que os carteis foron colocados para incriminalo e manchar a imaxe do local. "Vese que hai xente á que lle estorbo", espeta. O propietario, que xa retirou a cartalería, asegura que os papeis foron colocados por unha asociación de corte galeguista, da cal --apunta-- apareceron adhesivos na contorna do bar. "Non sei se é unha organización terrorista ou que é", engade.

A ESTATUA DO CHÉ

Con respecto ás bandeiras franquistas, das que si recoñece a autoría, aseguran que son "legais" e "a bandeira de España de toda a vida". O propietario deste polémico local situado no Concello de Arteixo non agocha a súa veneración ao ditador Franco, do que di que "hai que bicarlle os pés", e critica que o emprego da iconografía de corte comunista non sexa vista con igual rexeitamento. "Logo temos a cara do Ché na rotonda de Santa Cruz e non podemos dicir nada", apunta en relación a unha obra do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, que no seu momento tamén espertou non poucas polémicas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta