Unanimidade no Parlamento para incorporar ao Carné Xove máis descontos en cultura, transportes ou ensino

Todos os grupos solicitan á Xunta incorporar máis vantaxes en distintos ámbitos como o comercio, o aloxamento ou transportes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2021 | Actualizada ás 16:02

Comparte esta noticia

O Parlamento aprobou por unanimidade dos grupos (PP, BNG e PSOE) pedir á Xunta que continúe incorporando "máis vantaxes" ao Carné Xove. En concreto, solicítao para seguir promovendo entre as novas xeracións descontos no ámbito cultural, no aloxamento, nos transportes, no comercio e no ensino.

No debate, a popular Noelia Pérez reivindicou as políticas da Xunta nesta materia, mentres a socialista Noelia Otero e o nacionalista Paulo Ríos valoraban como "boa noticia" que se avance no Carné Xove pero lamentaban o "autobombo" coa iniciativa.

Por outra banda, foron rexeitadas senllas propostas da oposición na mesma comisión, a de sanidade, política social e emprego, a primeira delas do PSdeG sobre as entidades de iniciativa social que prestan servizos sociais, para abordar a problemática derivada dos sobrecustos pola crise da covid.

Respecto diso, Noelia Pérez, polo grupo maioritario, respondeu que "desde o minuto 1 tiveron apoio, dous meses despois tiveron un plan de recuperación e houbo interlocución continua" con estas entidades desde o Goberno galego.

O outro texto, do Bloque, pretendía ampliar a rede de puntos de encontro familiar e actualizar a súa normativa, pero Pérez defendeu o "traballo ben feito" por parte do Executivo autonómico e rexeitou a proposición porque "non pide nada novo".

Autobuses da empresa Monbus. MONBUS - Arquivo
Autobuses da empresa Monbus. MONBUS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta