O home xulgado por abusos sexuais a unha amiga baixo os efectos do alcol acepta dous anos de cárcere

A pena de entrada en prisión suspéndese durante outros dous anos a condición de que durante ese período non delinca.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2021 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

O home xulgado este xoves na Sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, por un caso de abusos sexuais a unha amiga da que se aproveitou mentres que estaba baixo os efectos do alcol e que procedía dun xulgado de Ribeira, aceptou un acordo de conformidade polo que acepta ser condenado a unha pena de dous anos de prisión.

En concreto, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o acusado aceptou ser condenado, como autor dun delito de abuso sexual, cos atenuantes de reparación do dano e embriaguez, a dous anos de cárcere.

Iso si, o TSXG informa tamén de que esta pena de prisión suspéndese durante dous anos, coa condición de que durante ese período non delinca.

Tamén foi condenado a cinco anos de liberdade vixiada, tempo durante o cal non poderá comunicarse nin aproximarse á vítima, á que terá que indemnizar con 2.000 euros.

Ademais, deberá someterse a un diagnóstico e, no seu caso, a tratamento da súa problemática co alcol.

Sede do TSXG
Sede do TSXG | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta