Verín, un exemplo de éxito na recuperación do potencial termal

O Alcalde, Gerardo Seoane, analizou nunha xornada do 'Consello da Cultura Galega' en Mondariz, o impulso desta vila nas rehabilitacións de infraestruturas balnearias.

Por X.M. Fernández | Verín | 16/07/2021 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, participou días atrás na xornada “In Situ”, un ciclo específico dentro dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural que organiza o Consello da Cultura Galega e que tivo lugar en Mondariz. Na súa intervención destacou como en só catro anos Verín experimentou un reimpulso das súas infraestruturas termais de Fontenova e Caldeliñas, antes de 2016 en estado de total abandono e pechadas ao público.

Intervención de Gerardo Seoane. Foto: Prensa do Concello de Verín
Intervención de Gerardo Seoane. Foto: Prensa do Concello de Verín

Ademais, deu conta das actuacións que serviron, en pouco máis de dous anos, para reabrir ao público ambas "surxencias históricas", destacando que "a rehabilitación do entorno correu parella á solicitude das declaracións de utilidade pública e demais mecanismos legais de cara a continuar o complexo proceso de recondicionamento". 

Mediante un audiovisual, que amosou a evolución dos devanditos mananciais nos últimos anos, Seoane foi desgranando os pasos a seguir, lembrando como no seu día a creación dos establecementos balnearios permitiu o nacemento de rúas, establecementos comerciais, desenvolvemento mercantil "e outros elementos de artellamento urbano que construíron a realidade do que foi Verín durante 100 anos. Neste senso, espérase que a chegada dos novos fondos europeos, xunto coa iniciativa provada, podan facer posible o "rexurdimento dos recursos balnearios". 

MOTIVO DO ENCONTRO

Co gallo da elaboración do “Informe sobre a Fonte de Troncoso e a súa situación de emerxencia” por parte do Consello da Cultura Galega en 2020, e a petición da Plataforma SOS Fonte de Troncoso pola situación de abandono que sufría este elemento --obra de Antonio Palacios--, a xornada Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural deste ano celebrouse alí.

O seu obxectivo e analizar a problemática patrimonial e de conservación que teñen moitos balnearios en Galicia e cales son algunhas das solucións que se veñen adoptando para a súa recuperación e posta en valor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta