Rescatadas dúas mozas feridas tras chocar dous vehículos en Santiago

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2021 | Actualizada ás 10:41

Comparte esta noticia

Dúas mozas resultaron feridas e foron excarceradas do interior de senllos coches tras un accidente debido a un choque frontal este venres en Santiago de Compostela. Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar na estrada N-550, sobre o punto quilométrico 550, ás 5,30 horas deste venres. A esa hora, varios particulares chamaron para informar os feitos e solicitar asistencia médica para os implicados. Ademais, pedían tamén axuda para liberar as persoas de ambos os vehículos ao non poder saír deles.

Por iso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) alertaron aos Bombeiros da cidade, aos servizos sanitarios, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos membros de Protección Civil do municipio. Ao final das tarefas de excarceración no punto, a dotación de Bombeiros de Santiago confirmou que tiveron que liberar a dúas persoas, as condutoras dos dous turismos implicados, que foron evacuadas.

En concreto, o 061 enviou dúas ambulancias que trasladaron as dúas mozas feridas ao Hospital Clínico, unha de soporte vital avanzado que levou a F.V.M., de 25 anos, e outra de soporte vital básico que evacuou á moza M.F.A., de 23 anos, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias. Por parte do 112 Galicia tamén se lle notificou o suceso ao Centro de Xestión de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía para manter e restablecer a seguridade da calzada.

Hospital Clínico de Santiago
Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta