Denuncian as xornadas "inhumanas, sen descanso" dos profesionais de Ciruxía Pediátrica no CHUS

A xerencia di que se atoparon "con dificultades debido á escaseza de profesionais dispoñibles".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2021 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

CIG denunciou que a Cirurxía Pediátrica do CHUS, que atende as áreas sanitarias de Santiago-Barbanza e Pontevedra, vese "obrigada polo Sergas" a realizar xornadas de atención continuada "sen descanso, pondo en perigo a seguridade na atención aos nenos".

Fontes da xerencia do CHUS explicaron que o cadro de persoal contempla un persoal de seis facultativos. En maio unha das facultativas comunicou a súa intención de non continuar ao finalizar o contrato o 30 de xuño.

E "desde entón", a dirección do centro está a tratar de cubrir a vacante, pero, recoñece, "atopáronse con dificultades debido á escaseza de profesionais dispoñibles".

Cirurxía Pediátrica é unha especialidade do CHUS coa que contan estas áreas sanitarias. Un cirurxián pediátrico ocúpase dun amplo espectro de patoloxías, desde pequenas anomalías correxibles, ata patoloxías ou malformacións extremadamente complexas que requiren seguimento e coidados personalizados durante toda a vida. Tanto o prematuro extremo, como lactantes, nenos e adolescentes entran dentro da área da especialidade.

DOTAR DE MÁIS PERSOAL

CIG-Saúde Compostela insta á xerencia da área a "dotar a unidade" de Cirurxía Pediátrica de "máis especialistas" para garantir a atención á poboación infantil. Neste momento, conta con tres cirurxiáns pediátricos que se fan cargo da atención continuada, ante a marcha de dúas por traslado e por contratos "eventuais precarios".

Deste xeito, este tres cirurxiáns "ven obrigados a asumir xornadas laborais excesivas", tanto para atender operacións programadas, como as intervencións urxentes, que se agravan coas intervencións de alto grao de complexidade.

Para CIG-Saúde Compostela, o problema "radica no insuficiente cadro de persoal", que "fan que teñan que realizar xornadas inhumadas, agravadas polos períodos vacacionais". O sindicato solicitou unha reunión o 23 de xuño para "buscar unha solución", pero seguen á espera de resposta.

Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo
Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta