A temperatura máxima en Galicia, 38º, resitrada en Ourense e Arnoia

As provincias pontevedresa e ourensá están en aviso marelo por calor.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2021 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

Os municipios de Ourense e Arnoia rexistraron este venres a temperatura máxima de Galicia, con 38 graos, nunha xornada na que as provincias ourensá e pontevedresa teñen aviso amarelo por calor.

Segundo os rexistros de Meteogalicia ata as 17,30 horas, a temperatura máxima deste venres correspondeu a Ourense con 38 graos rexistrados ás 16,50 horas e o mesmo valor en Arnoia ás 17,20 horas.

Pola súa banda, os outros dous valores térmicos máis elevados corresponderon á provincia de Pontevedra, con 37,8 graos en Redondela e 36,6º en Salvaterra de Miño.

Pola súa banda, este pasado xoves a temperatura máxima correspondeu a Salceda de Caselas  con 34,6 graos ás 18,30 horas, e a Ponteareas, con 34,2º ás 18,40 horas. A estas seguiron os 34º de Ourense ás 17,20 horas e os 33,8º en Arnoia ás 17,50 horas.

Este venres 11 provincias teñen aviso de nivel amarelo (risco) por calor, nunha xornada con subida das temperaturas en todo o país, excepto no litoral sur mediterráneo.

Sol e calor / Xunta. / Europa Press
Sol e calor / Xunta. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta