Congreso PP: Feijóo revalida o liderado do partido pero non se compromete para 2024

O presidente da Xunta destacou se debe a Galicia "por riba de todo", pero evita atarse ás eleccións autonómicas de 2024. A oposición critica o seu vencello con Madrid. Casado e Martínez-Almeida, en troques, gaban ao líder do PPdG: "quen queira aprender en política que mire para el".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2021 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

O xefe de filas dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, revalidou este sábado por quinta vez o seu liderado no PPdeG co apoio do 98,3% dos algo máis de 800 compromisarios que se desprazaron ao Multiusos do Sar compostelán nun congreso marcado pola pandemia, e no que, sumando os invitados, superáronse os 1.100 asistentes, un aforamento moito menor do que é habitual neste tipo de citas do PPdeG.

Do total de votos emitidos, 801 delegados dixeron si á candidatura do dirixente de Os Peares. Con todo, houbo tamén 14 votos en branco e un nulo.

Sen apenas incógnitas en clave orgánica, o presidente desvelara o conxunto da súa nova dirección, na que repite como secretario xeral o ferrolán Miguel Tellado, este venres, no que logrou convocar en Galicia á maior parte de baróns autonómicos do seu partido. A mensaxe para unha foto coa que se reivindicou a diversidade do partido compatible coa unidade, Feijóo enviou unha mensaxe: "Todos somos o PP de España".

Feijóo tamén aproveitou a pasada xornada, xa en clave autonómica, para proclamar que se presentaba co reto das municipais no foco --sumou numerosos perfís municipalistas na súa candidatura-- e tamén, cando se convoquen as xerais, para axudar a Pablo Casado a chegar á Moncloa.

Feijóo, no congreso.. PPDEG
Feijóo, no congreso.. PPDEG

GALICIA "POR ENCIMA DE TODO"

Aínda que fiel ao seu estilo denon avanzar mensaxes --de feito pediu aos seus que non caian no erro de "anticipar debates"-- evitou calquera compromiso que o ate de forma expresa con ser candidato en 2024, coa súa lista esquivou posibles lecturas sucesorias e nesta xornada apostou por unha consigna: el "segue" e ten "ganas de máis" e mesmo "máis ilusión" que en 2006 cando, "aparvado", tomou as rendas das mans de Manuel Fraga.

O líder do PPdeG tamén asegurou, tras ser reelixido por quinta vez xefe de filas da formación, que debe "todo o que é" aos populares galegos e quedou á súa disposición "sen máis límite" que a súa forma de entender a política. E ante o presidente do PP, Pablo Casado, reafirmou que "por encima de todo" débese a Galicia

REACCIÓNS PDSD E BNG

Estas declaracións contrastan co golpe lanzado na mesma mañá por Gonzalo Caballero. O  secretario xeral do PSdeG lamentou que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, "traballe por Casado e Ayuso", os seus compañeiros de partido, "e non polos galegos" Así se expresou o líder dos socialistas galegos á súa chegada á Praza do Obradoiro, tras percorrer durante a mañá deste sábado a última etapa do Camiño. A voceira nacional do BNG, Ana Pontón tamén se pronunciou en liñas paralelas nesta mañá, acusando ao líder popular de ser "seguidor dese centralismo que só mira para Madrid, Madrid, Madrid".


ALMEIDA E CASADO GABAN A FEIJÓO

O alcalde de Madrid e portavoz do PP, José Luís Martínez Almeida, xulgou que a crise de Goberno que levou a cabo Pedro Sánchez o pasado fin de semana "foi a matanza de San Valentín". "Non aforrou nin un só litro de sangue político", apostilou.

Na súa intervención do 17º Congreso do PPdeG, do que sairá reelixido Alberto Núñez Feijóo por quinta vez, Almeida advertiu de que o municipalismo "non se defende con tres ministras que sexan alcaldesas" ou por "ser o alcalde que pon máis lámpadas", senón "dando recursos" aos concellos.

"E daríalle un consello a todos os que queiran aprender en política, que miren a Alberto Núñez Feijóo", proclamou Almeida, quen reivindicou a cuarta maioría absoluta lograda polo presidente da Xunta. Así mesmo, marcou o obxectivo de "levar canto antes" ao presidente do PP, Pablo Casado, á Moncloa. "Ese camiño por percorrer non seremos capaces de facelo sen vós", resolveu.

Tamén tivo boas palabras para o líder do PPdG o seu homólogo nacional, Pablo Casado, quen subliñou que o líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, é un "bo amigo" ao que lle "debe moito". "Sempre me axudou, sen pedir nada a cambio", destacou.

A POLÍTICA DA "XUNGLA"

Son as súas palabras no 17 congreso do PP galego, no que Feijóo foi reelixido por quinta vez á fronte do partido tras un ano desde que logrou nas urnas a súa cuarta maioría absoluta. "A vosa forma de facer política e a de Feijóo é a que fai falta en España", destacou Casado, que tamén recibiu o apoio de Galicia para alcanzar a Moncloa nas próximas eleccións xerais.

Feijóo tamén tivo palabras de volta para Casado, insistindo en que "non nos contaxie a tendencia a converter a política nunha xungla na que un vai de liana en liana, sen deterse. Deixemos a Sánchez niso, que vaia da liana de Junqueras á de Otegui, pasando pola liana de Podemos. Non nos leemos coas lianas de Sánchez. Sempre estaremos no precipicio se o facemos, e moito máis importante, deixaremos a España no precipicio do abismo", avisou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Riolo

De acuerdo con la representante de la U en esta web, pero ¿son los congresos de la UPG diferentes?

1 Sentidiño

O que sempre se chamou "congreso á búlgara"... Propoño un exercicio de xornalismo de investigación: nome e apelidos do 1,7% de disidentes!