Nace unha nova organización da mocidade comunista galega

Esta formación, vinculada á FPG, da por rematada a súa etapa de reflexión e pretende seguir os pasos de ADIANTE.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 21/12/2013 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Uns meses despois de ter iniciado un proceso de reflexión interna, a mocidade independentista revolucionara do Proceso MIR acaba de dar por concluída esta etapa para dar comezo a outra nova: a constitución da organización da mocidade comunista galega.

Por iso, este sábado, terá lugar o congreso constituínte e a elección do Comité Central baixo o lema “Das loitas da mocidade ás filas da revolución". Terá lugar no barrio de Teis (Vigo), lugar que "ten un especial significado para o comunismo independentista", segundo apuntan nun comunicado, por ser onde residiu o sindicalista Moncho Reboiras --asasinado nunha folga na última fase do Franquismo-- e berce tamén do líder obreiro Abelardo Collazo.

"Desde a nova organización, nós, a mocidade revolucionaria galega pretendemos continuar a andaina que no 2004 comezamos con ADIANTE e cubrir o espazo político que ficou baleiro tras a súa disolución", recolle esta nota remitida aos medios. "Pretendemos construír unha ferramenta sólida e forte, para que a mocidade coma parte da clase obreira tome o ceo por asalto, camiñando conxuntamente coa nosa organización irmá, a FPG, baixo os parámetros de independencia, socialismo e feminismo", engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

5 Seico

Moi necesaria sí...o que hai que ver.

4 galego

A marca branca galega da Unión de Jóvenes de España?

1 Comunista

Coido que te confundes con Paliza Bova ou con reformISCA!, mocidades da sucursal galega do PsoE.

3 antibirrias

Un novo paso atrás da FPG que pasou de impulsar LAR ou EGPGC a condenar como terroristas a todo o movemento de liberación nacional galego (para Espanha a inexistente RG) xunto cos seus amigos españois da banda de Yoli procesiones e Carmen la de La Roja.

1 undevijo

E que o único maioritario en Galiza e o Bng....maioritario en liberados claro....todo pola pasta!!!

2 FirmesAr

Agora cháman "Proceso" a que lles digan o que teñen que facer. Cuspidiño á UPG e Galiza Nova.

1 markoos

haha non como nuevas generaciones, a que si.

2 Rigoberto

De novo á UPG á palestra! Por favor, que cada inútil terme do seu pao!

1 Julian

¿Outra organización máis? ¿Qué foi de ADIANTE?

1 c8km

Seica pecharam o negocio fai um par de meses.