Identifican en Pontevedra un home con antecedentes por estafas como falso revisor de gas

Conseguía que as vítimas lle permitisen acceder ao domicilio e, tras unha presunta revisión, entregáballes unha factura para que a asinasen os titulares da instalación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2021 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Pontevedra identificaron a un home de 34 anos de idade, con antecedentes policiais, como presunto autor dun delito de estafa, cometido no último trimestre do ano 2020 "facéndose pasar por falso revisor do gas".

Así o informou a Policía Nacional, que concretou que este individuo, despois de chamar a diferentes domicilios e concertar unha cita coas vítimas, "personábase  nas vivendas facéndose pasar por revisor oficial das compañías distribuidoras de gas".

Deste xeito, concretan as mesmas fontes, conseguía que as vítimas lle permitisen acceder ao domicilio e, tras unha presunta revisión, entregáballes unha factura para que a asinasen os titulares da instalación. Chegou a cobrar cantidades próximas aos 300 euros.

Por mor da denuncia os axentes encargados da investigación, a unidade de Delincuencia Económica e Fiscal-Ciberdelincuencia da brigada provincial de Policía Xudicial iniciou as pescudas para tratar de pescudar a identidade deste individuo que estafou un total de 645 euros. Por parte da Comisaría Provincial de Pontevedra advírtese á poboación deste tipo de estafas levadas a cabo por certos individuos que "só perseguen o lucro persoal".

RECOMENDACIÓNS

Por iso, a Policía aconsella comprobar antes de abonar algunha cantidade a verdadeira identidade dos supostos técnicos, así como insistir en ver a correspondente acreditación e, sobre todo, non deixar acceder ao interior da vivenda a ninguén "sen ter o absoluto convencemento de que se trata dun verdadeiro técnico e non un individuo que ademais de estafarlles póidalles roubar as súas pertenzas".

Tamén aconsella comunicarse coa empresa subministradora, pero non utilizar o número de teléfono facilitado polo suposto operario, senón que "debe buscalo" cada un mesmo. E incide a Policía en ter "moito ollo" as persoas maiores que viven soas, ás que pide que "non deixen entrar a ninguén na súa casa sen chamar previamente á suposta empresa ou a un familiar se dubidan dos supostos técnicos".

"Ante calquera dúbida non dubiden en chamar ao 091 e desde aquí faremos as comprobacións pertinentes para confirmar que hai técnicos desa empresa levando a cabo revisións na zona e aconséllase non ter grandes cantidades de diñeiro en efectivo en casa", conclúe a Policía.

Avisos da Policía Nacional sobre falsos revisores de gas.. POLICÍA NACIONAL
Avisos da Policía Nacional sobre falsos revisores de gas.. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta