Excarceran unha muller despois dun accidente de tráfico en Teo

Por outra banda, sobre as 18,00 horas varios particulares informaron ao 112 Galicia da saída de vía dun camión á altura do quilómetro 528 da A-6, nos carrís de sentido A Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2021 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

Unha muller tivo que ser excarcerada polos servizos de emerxencia tras chocar dous vehículos na AC-841, ao seu paso polo municipio coruñés de Teo.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, varios particulares informaron do accidente minutos antes das 17.00 horas e solicitaron asistencia médica e axuda para unha das persoas accidentadas. Así, as testemuñas aseguraron que, a raíz do choque, quedara atrapada unha persoa no interior do vehículo no que circulaba.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) alertouse aos Bombeiros de Ordes, aos servizos sanitarios, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos membros de Protección Civil de Teo. Tamén se lle facilitaron os datos aos bombeiros de Santiago e aos membros do GES e de Protección Civil da Estrada.

Para reestablecer a seguridade na vía, desde o 112 informouse o persoal de mantemento da estrada.

SAÍDA DE VÍA DUN CAMIÓN EN GUITIRIZ

Por outra banda, sobre as 18,00 horas varios particulares informaron ao 112 Galicia da saída de vía dun camión á altura do quilómetro 528 da A-6, nos carrís de sentido A Coruña.

Segundo explicaron os alertantes, o camión caera por un barranco pero o camioneiro atopábase fóra do vehículo. Con todo, ao final, o 061 confirmou o trasladado dunha persoal ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

Desde o CIAE 112 Galicia facilitaron os datos aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Vilalba e a Protección Civil. Tamén tiveron constancia do suceso o Centro de Xestión de Tráfico e o persoal de mantemento da vía.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta