Extinguido o incendio que queimou 197 hectáreas en Carballeda de Valdeorras

Arderon 107 hectáreas de monte raso e 90 arboredos.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 20/07/2021 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

O incendio forestal declarado o pasado sábado no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras quedou extinguido a última hora da tarde deste luns tras queimar 197 hectáreas.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, este lume quedou extinguido ás 20,57 horas deste luns tras iniciarse o pasado sábado na parroquia de Sobradelo.

As últimas medicións apuntadas polo departamento de Medio Rural sitúan a superficie afectada por este incendio en 197 hectáreas, delas 107 de monte raso e 90 arboredos.

Na extinción deste incendio participaron en total un técnico, 30 axentes, 52 brigadas, 25 motobombas, dúas pas, oito avións e nove helicópteros.

Incendio forestal
Incendio forestal | Fonte: POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta