600 persoas residentes en centros de maiores participarán en visitas e excursións "seguras", segundo a Xunta

"É xusto que os usuarios destes centros gocen da súa contorna dunha forma segura e sen baixar a garda", di a conselleira de Política Social.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2021 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

Un total de 600 usuarios de residencias de maiores públicas gozarán este verán de visitas e excursións "seguras". Sinalouno este martes a conselleira de Política Social, Fabiola García, que precisamente acompañou a usuarios da residencia de Burela ao museo Sargadelos, en Cervo. Fabiola García sinalou que, despois deste "ano tan difícil", "é xusto que os usuarios destes centros gocen da súa contorna dunha forma segura e sen baixar a garda".

Neste sentido, apuntou que, dentro deste programa, atópanse saídas con "todas as garantías". Así, haberá paseos en catamarán pola Ribeira Sacra, visitas ao acuario da Coruña e excursións ao castro de Santa Tegra, na Guarda, entre outras actividades.

A conselleira tamén apuntou que se trata dunha "boa oportunidade" para que estas persoas poidan "recuperar o ritmo de vida activo que caracteriza ás residencias de maiores", sempre dunha forma "controlada" e "atendendo ás medidas de prevención" fronte á covid-19.

A conselleira de Política Social, Fabiola García. XOÁN CRESPO
A conselleira de Política Social, Fabiola García. XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta