O Sergas comezará a vacinar os mozos de entre 20 e 29 anos na semana próxima

A metade das persoas na década da trintena xa contan con, polo menos, unha picada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2021 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

Galicia comezará a vacinar a próxima semana ao grupo de poboación de 20 a 29 anos unha vez terminada a de maiores de 40 anos e administrar a primeira dose aos de 30 a 39 anos. Así o anunciou este mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa para informar as medidas adoptadas polo comité clínico na tarde deste martes.

O mandatario autonómico insistiu en que non hai doses suficientes. "O problema principal é que non temos vacinas", lamentou, para afirmar que seguirán reclamando unidades.

Un mozo acode a recibir unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021
Un mozo acode a recibir unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021 | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

DATOS

Deste xeito, Galicia avanza no proceso de inmunización contra a Covid-19, e xa alcanza o 66,72% da poboación --susceptible de recibir a vacina-- con pauta completa. Un total de 1.637.585 persoas están inmunizadas na comunidade, 23.580 máis que na xornada anterior.

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do martes, recollidos por Europa Press, administráronse 3.309.925 dose das 3.429.905 recibidas ata a data (tras recibir 97.110 vacinas máis); é dicir, que o Sergas mantén inmobilizadas un total de 119.980 doses.

Diso pódese deducir que a xornada de vacinación deste martes pasado centrouse en completar pautas, con máis de 23.000 cidadáns na Comunidade galega máis co proceso finalizado.

Por condición de vulnerabilidade, os últimos datos actualizados por Sanidade reflicten que se administrou polo menos unha dose a 15.346 persoas de alto risco (+12) e 14.911 completaron a pauta (+12); mentres que 17.623 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose (sen cambios) e 17.417 contan coa pauta completa (+3). Ademais, 26.565 persoas institucionalizadas recibiron como mínimo a primeira picada (+2) e 26.407 finalizaron o proceso (+7).

En canto aos vacinados por probabilidade de exposición, 73.091 traballadores do ámbito sanitario recibiron polo menos a primeira dose (+15) e 71.904 están inmunizados (+32). Así mesmo, administrouse a primeira inxección a 27.428 profesionais do ámbito sociosanitario (sen cambios) e 26.796 contan coa pauta completa (+18).

Tamén recibiron como mínimo unha dose da vacina contra a Covid-19 no conxunto de Galicia 44.725 traballadores esenciais (+2) e 42.013 completaron o proceso (+9). En canto ás persoas que foron citadas a vacinarse pola súa idade, a 1.613.360 cidadáns administróuselles polo menos unha dose (+373) e 1.438.001 teñen a pauta completa (+23.407).

GRUPOS DE IDADE

Por grupos de idade, recibiron polo menos unha dose ata o momento 131.253 persoas maiores de 85 anos (+5); 96.095 de 80 a 84 anos (+3); 134.295 de 75 a 79 anos (+2); 152.827 de 70 a 74 anos (+6); 161.346 de 65 a 69 anos (+68); 175.107 de 60 a 64 anos (+64); 181.436 de 55 a 59 anos e 194.314 de 50 a 54 anos (+17).

A elas súmanse 201.406 persoas de 45 a 49 anos (+30) e 188.563 de 40 a 44 anos (+376). Deste xeito, ata o momento foron vacinados 389.969 cidadáns de 40 a 49 anos, un 88,03% duns 443.000 habitantes desta franxa de idade.

Por tanto, ata a data recibiron polo menos unha dose 1.616.642 persoas maiores de 40 anos en Galicia, que supoñen un 93,99% das 1.720.101 chamadas a vacinar na Comunidade galega a partir desa idade --segundo os datos globais do Ministerio de Sanidade--.

Así mesmo, foron vacinadas 135.384 persoas de 35 a 39 anos e 40.031 de 30 a 34 anos (+37), o que supón 175.415 cidadáns de entre 30 e 39 anos, un 54,26% duns 323.300 a inmunizar en Galicia nesa franxa de idade.

Tamén recibiron polo menos unha dose 15.270 persoas de 25 a 29 anos (+20); 9.340 de 20 a 24 anos (+48). Isto implica que, das 205.550 persoas que, de acordo con IGE, había en Galicia en 2020 entree os 20 e 29 anos, só 24.610 recibiron cando menos unha dose: o 11'97%.

Por tanto, 1.818.208 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina en toda Galicia, que representan un 74,08% da poboación diana a vacinar no conxunto da Comunidade galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta