A Xunta reclama ao Goberno fondos específicos anticovid para contratar profesorado

"É necesario que se nos informe xa dos recursos adicionais cos que imos poder contar", quéixase Román Rodríguez

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 21/07/2021 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, reclamou --no marco da Conferencia Sectorial de Educación, a primeira presidida pola nova ministra Pilar Alegría-- fondos específicos anticovid para educación e a contratación de profesorado no curso 2021-22.

Tras mostrar a súa satisfacción por esta convocatoria da Conferencia Sectorial nos primeiros días de Alegría como ministra, un órgano que "nos últimos tempos perdera, desafortunadamente, a súa relevancia", o conselleiro reclamou ao Goberno que informe xa as comunidades de se lles vai transferir fondos concretos para a contratación de docentes ante as necesidades da pandemia.

A este respecto, avisa de que os fondos procedentes do mecanismo europeo REACT-EU, tal e como manifestaron varias comunidades, non poden ser empregados para este fin.

Igualmente, lembra que o Goberno xa aprobou un protocolo anticovid para o próximo curso. "É necesario que se nos informe xa dos recursos adicionais cos que imos poder contar", sentenza Román Rodríguez. Por iso, pide que a próxima reunión coas comunidades sexa na data máis próxima para evitar problemas organizativos nos centros.

Paralelamente, o conselleiro de Educación requiriu ao Executivo central un esforzo adicional nos fondos da PROA+, cos que se financia o Plan Recupera, dado que denuncia que a asignación para Galicia é dun millón menos á indicada inicialmente.

FP E OUTROS TEMAS

Por outra banda, a Xunta demanda unha maior participación na elaboración da nova lei de FP, co fin de corrixilos defectos que, ao seu xuízo, presenta o anteproxecto e "que non se convirta nunha nova lei Celaá".

Solicita unha solución específica para que o alumnado que proceda de BUP poida continuar accedendo aos ciclos formativos, tras a derrogación da Lomce.

Xunto a isto, o conselleiro de Educación pide que se axilice a elaboración da normativa básica para os novos currículos adaptados á Lomloe, pois queda menos dun ano para que as autonomías deban telos aprobados.

A ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría, preside a Conferencia Sectorial de Educación na sede ministerial, a 21 de xullo de 2021, en Madrid (España). Alegría presentou hoxe aos conselleiros autonómicos do ramo o anteproyec. Isabel Infantes - Europa Press
A ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría, preside a Conferencia Sectorial de Educación na sede ministerial, a 21 de xullo de 2021, en Madrid (España). Alegría presentou hoxe aos conselleiros autonómicos do ramo o anteproyec. Isabel Infantes - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta