Biblioteca de Verín, outra vez entre as 10 mellores do Estado

Foi seleccionada dentro da XX Campaña 'María Moliner' para municipios de menos de 50.000 habitantes tras considerar o seu proxecto de animación á lectura como un dos dez mellores de España. Recibirán 10.000 euros do Ministerio de Cultura e Deporte que destinarán á compra de libros e/ou publicacións periódicas.

Por X.M. Fernández | Verín | 23/07/2021 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

A  iniciativa “Voluntariado cultural con rapaces/as para o fomento da lectura” da Biblioteca Municipal verinesa recibirá 10.000 euros financiados polo Ministerio de Cultura e Deporte, dentro da XX Campaña 'María Moliner' para municipios de menos de 50.000 habitantes.

Entrega virtual do premio. Foto: Prensa do Concello de Verín
Entrega virtual do premio. Foto: Prensa do Concello de Verín

O Ministerio de Cultura e Deporte e a Federación Española de Municipios e Provincias organizou este mércores 21 de xullo o acto de entrega de premios no Centro de Cultura de Soto del Real. Dadas as presentes circunstancias sanitarias derivadas da pandemia, o acto contou cun aforo moi limitado co cal a participación de representantes institucionais e bibliotecarios foi en liña.

No acto proxectouse un vídeo con material gráfico e imaxes sobre os proxectos de animación á lectura realizados nas devanditas bibliotecas públicas premiadas e a intervención dos distintos asistentes. No caso do Concello de Verín contou coa presenza en liña da concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza; e dos responsables da biblioteca, Vicente Rodríguez Xusto e Aurora Prieto Tarrio.

Emilia Somoza, quixo poñer en valor o "traballo, esforzo e perseveranza do persoal que traballa na biblioteca" e  explicou que volver recibir este premio "supón un gran orgullo para todos os verineses que non fai máis que reafirmar o importante labor realizado desde a Biblioteca Municipal de Verín, no que ao fomento da lectura se refire".

Na campaña de 2020 que se ten en conta presentáronse un total de 562 proxectos, dos que foron seleccionados un total de 310. A comisión de selección destacou do proxecto da Biblioteca de Verín o Premio Nacional María Moliner, a "claridade e interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e viabilidade". Ademais, de valorar "a orixinalidade e innovación e as actividades de integración social que contén a proposta".

Biblioteca Municipal de Verín. Foto: XMF
Biblioteca Municipal de Verín. Foto: XMF

Voluntariado cultural con rapaces/as s para o fomento da lectura

Trátase dun proxecto consolidado, que xurdiu hai doce anos e que converteu á biblioteca nun referente cultural na localidade, realizando un gran número de actividades variadas e de calidade grazas á colaboración de mozos voluntarios. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta