Detectados 7 positivos nunha campaña de autocita con 670 persoas cribadas en Vilagarcía

Este venres levarase a cabo unha nova campaña de autocita en Sanxenxo e outra en Cambados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2021 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectou sete positivos por Covid-19 nunha campaña de autocita levada a cabo na localidade de Vilagarcía de Arousa con 670 persoas cribadas.

Segundo informou esta área sanitaria, en concreto este mércores pasado foron cribadas 670 persoas de 18 a 35 anos no marco da campaña de autocita realizada no recinto feiral de Fexdega, de entre os que se detectaron sete positivos.

Así mesmo, este venres, 23 de xullo, levarase a cabo unha nova campaña de autocita na localidade pontevedresa de Sanxenxo e outra na de Cambados entre mozas de 16 e 35 anos.

As mesmas fontes sanitarias puntualizan que entre o 24 e 30 de xullo haberá senllos postos fixos de cribados en Pontevedra e Fexdega no marco de campañas autocita para persoas de 16 a 35 anos.

Pola súa banda, no municipio pontevedrés do Grove tamén levará a cabo o vindeiro luns 26 de xullo unha campaña de autocita para mozas de 16 a 35 anos.

Os municipios de Cambados, Sanxenxo e O Grove, que ven incrementada a súa poboación no verán co turismo, estarán desde a medianoite deste venres ao sábado en nivel máximo de restricións pola súa situación epidemiolóxica.

Dispositivo de cribado masivo para detectar casos asintomáticos de coronavirus
Dispositivo de cribado masivo para detectar casos asintomáticos de coronavirus | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta