Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2021 | Actualizada ás 20:13
O xulgado do social número 5 da Coruña ditou unha sentenza na que estima a adaptación horaria solicitada por unha traballadora e condena á Consellería de Política Social a indemnizala con 900 euros.
O fallo, do pasado 13 de xullo, fala de denegacións "case baseadas en modelos tipo". Segundo advirte a central CUT, é a terceira condena a Política Social "por negar o dereito á conciliación".
Por iso, a central denuncia que a consellería, responsable das residencias públicas de maiores, "segue sometendo aos seus traballadores, maltratados xa pola tensión asistencial e a falta de recursos fronte á covid, á privación dos seus dereitos laborais máis básicos".
PODEMOS
Pola súa banda, Podemos Galicia denuncia "discriminación" nas axudas da Xunta á conciliación da vida familiar e laboral pola redución da xornada de traballo como medida de corresponsabilidade "ao bonificar exclusivamente aos homes nas familias non monoparentais".
Isto, segundo advirte a formación, "profunda aínda máis na brecha salarial e nas desigualdades de xénero". En concreto, refírese a a resolución do 15 de xuño da Secretaría Xeral de Igualdade sobre este ámbito.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.