O gasto en protección ambiental da industria galega sitúase en 260,76 millóns de euros

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2021 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

O gasto en protección ambiental da industria galega situouse nuns 260,76 millóns de euros durante o ano 2019, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE). Trátase do 9,3% do gasto total neste ámbito no conxunto das comunidades autónomas, e dun 0,61% sobre a cifra de negocios da industria en Galicia.  En termos de gasto corrente, alcanzou os 111,99 millóns, mentres que no relativo a investimento a contía foi de 148,77 millóns de euros. 

gases industriais - Ambientum
gases industriais - Ambientum

Os establecementos industriais de Cataluña efectuaron o maior gasto en protección do medio ambiente en 2019, co 22,2% do total estatal. Por detrás situáronse Andalucía (12,2%) e Comunitat Valenciana (9,7%). As comunidades autónomas na que a proporción do gasto total respecto da cifra de negocios foi máis elevada foron o Principado de Asturias (0,92%), seguido de Galicia (0,61%). Por compoñentes, Cataluña tivo o maior gasto corrente (490,2 millóns de euros) e Galicia o maior investimento (148,8 millóns).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta