Máis de 45 millóns de euros do Goberno central para a Xunta destinados a programas de emprego

O novo acordo de distribución de fondos establece tamén os criterios para os próximos anos, "nos que será importante o cumprimento dos obxectivos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2021 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

A Delegación do Goberno en Galicia informou este venres da asignación de 45,9 millóns de euros á Xunta de Galciia para pór en marcha programas de emprego. Tal e como informou a Delegación nun comunicado, alcánzanse así os 215,8 millóns de euros concedidos, tras a repartición do pasado mes de abril --no que o Goberno gallaego obtivo unha asignación de 169,9 millóns de euros--.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA

A LXXX Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais aprobou os criterios de repartición e distribución entre as comunidades autónomas, entre as que Galicia é "a quinta Comunidade con máis fondos", por diante de Euskadi, Canarias ou Castela e León.

O novo acordo de distribución de fondos establece tamén os criterios para os próximos anos, "nos que será importante o cumprimento dos obxectivos". Así, segundo sinalou a Delegación, o Goberno sitúa o emprego de calidade "como un obxectivo central dos fondos europeos".

Neste sentido, o Executivo central asegurou que é "necesario" aproveitar o actual esforzo para "finalizar co principal problema do conxunto do Estado". Ademais, establece que o emprego ten que ser "un motor da transformación produtiva".

No comunicado, o departamento sinalou que a Xunta recibe 10,2 millóns de euros para financiar a creación e a actividadde os novos Centros de Orientación e Emprendimiento, así como o financiamento dun Plan Transversal de Igualdade de Xénero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta