Dous tintos e un branco de Valdeorras, premiados na 'Cata oficial de Galicia 2021'

Por vez primeira, dous viños tintos desta Denominación de Orixe, concretamente da adega Roandi, foron distinguidos co Acio de Ouro e co Acio de Prata na categoría de mellores viños tintos elaborados con madeira. Tamén foi para Valdeorras o Acio de Ouro ao mellor branco, un viño da adega A Coroa.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 26/07/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O pasado 21 de xullo entregáronse en Sergude (A Coruña) os premios da Cata Oficial dos Viños, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia 2021. Por vez primeira, dous viños tintos de Valdeorras foron distinguidos co Acio de Ouro e co Acio de Prata --as dúas máximas distincións-- na categoría de mellores viños tintos elaborados con madeira en Galicia. En concreto, o ouro foi para a referencia Bancales da adega Roandi e a prata para a referencia Domus, da mesma adega.

Acio de Prata para 'Domus' da adega Roandi. Foto: Prensa CRDO Valdeorras
Acio de Prata para 'Domus' da adega Roandi. Foto: Prensa CRDO Valdeorras

Para o presidente do Consello Regulador da D.O Valdeorras, José Luis García Pando, “conseguir estes premios foi toda unha sorpresa, porque normalmente os mellores viños elaborados con madeira elaborábanse noutros territorios amparados”. Para García Pando, esta distinción supón “un recoñecemento a un xeito de facer” que pode “seguir dando moitas alegrías á nosa Denominación de Orixe”.

Tamén nos Premios da Cata dos Viños, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia foi distinguido co Acio de Ouro ao mellor branco de Valdeorras a referencia A Coroa Godello da Adega A Coroa S.A.T.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta