Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/07/2021 | Actualizada ás 16:49
O Día da Patria Galega celebrouse con varios actos de formacións nacionalistas e independentistas. Ademais do masivo acto do BNG, tamén Anova, a formación fundada polo histórico Xosé Manuel Beiras, celebrou un acto no Parque de Galeras da capital galega, e os independentistas galegos de Agora Galiza- Unidade Popular e outros colectivos independentistas, outra marcha paralela á convocada polo BNG.
Mentres, Anova, cofundada polo histórico Xosé Manuel Beiras, tamén reivindicou unha "Galiza ceibe" nun acto no que o seu portavoz nacional, Antón Sánchez, incidiu na necesidade de "construír un suxeito que articule todas as loitas sociais", como a defensa dos servizos esenciais.
Antón Sánchez, que tamén estivo arroupado polo exalcalde Martiño Noriega, cualificou de "provocación" e "mostra de debilidade" a exhibición dos avións da Patrulla Águila que, parafraseando a Beiras, "espallaron estupefacientes de cor vermello e amarelo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.