Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2021 | Actualizada ás 17:13
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, felicitou aos galegos neste 25 de xullo, Día de Galicia, que ademais é Ano Santo. "Nun ano Xacobeo que é, sen dúbida, o da esperanza e revitalización", tuiteou nas súas redes sociais.
Así, o xefe do Executivo central, que acode este domingo á reunión do Real Padroado de Santiago tras viaxar a Estados Unidos, tivo palabras para a Comunidade galega.
"Xuntos e xuntas lideramos o camiño da recuperación para volver encher ás nosas rexións do progreso e benestar social que merecen. #25deXullo", difundiu na súa conta de Twitter.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.