Galicia comunica un novo falecido, a vítima 2.449 da pandemia

A persoa, falecida no Complexo Hospitalario de Pontevedra, presentaba patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2021 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade informou da morte nas últimas horas dun home de 87 anos que foi diagnosticado de coronavirus, co que son 2.449 as vítimas rexistradas na pandemia en Galicia.

Segundo a información remitida aos medios por Sanidade, a persoa, que presentaba patoloxías previas, faleceu o 24 de xullo no Complexo Hospitalario de Pontevedra e a súa morte foi confirmada este domingo.

Este domingo observouse un aumento da presión hospitalaria derivada da covid, con 21 ingresados.

Mentres tanto, os casos activos seguen o seu aumento exponencial e superan xa os 16.000 --concretamente, 16.754--, pese ao descenso nos contaxios por coronavirus notificados no último día, que ascenderon nas últimas 24 horas a 1.370.

Arquivo - Man dun enfermo con vía subcutánea nunha cama da UCI.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Man dun enfermo con vía subcutánea nunha cama da UCI.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta