Feijóo agradece ao persoal de vacinación, Medalla de Ouro de Galicia, a súa axuda a "ver a luz ao final do túnel"

Trátase do máis alto distintivo que outorga o Goberno galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2021 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

Todo o persoal que integra o dispositivo de vacinación contra a covid-19 recibiu este domingo 25 de xullo a Medalla de Ouro de Galicia porque "co seu traballo contribuíron decisivamente" a que os galegos empecen a "ver a luz ao final do túnel".

Así o manifestou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no acto de imposición do máis alto distintivo que outorga o Goberno gallego. O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago foi escenario desta cerimonia que tamén estivo presidida polo rei Felipe V e o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez.

A encargada de recoller o premio foi Yolanda Moares Castiñeiras, unha das dúas enfermeiras que o 27 de decembro de 2020 fixeron historia ao administrar a primeira vacina contra o coronavirus a Neves Cabo na residencia Porta do Camiño de Santiago.

Ela foi quen recolleu a placa de mans do monarca, aínda que tamén son colectivos premiados coa Medalla de Ouro de Galicia todos os enfermeiros, auxiliares de enfermaría, celadores, persoal administrativo, Protección Civil, o persoal dos recintos de vacinación masiva, os médicos, as policías Nacional, Autonómica e Local, a Garda Civil, a Dirección Xeral de Saúde Pública, os servizos de informática e loxística, e o 061-Urxencias Sanitarias.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do mércores despois do comité clínico do 20 de xullo.. ANA VARELA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do mércores despois do comité clínico do 20 de xullo.. ANA VARELA | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Cunha medalla para todos a cousa sae ben barata ! Do SERGAS asasino falamos outro día ? Dignidade Atención Primaria https://youtu.be/e85k0DfROJk Qué vos pasou ao GC con Felipe V ?