A Garda Civil refórzase no verán en Ourense con 8 axentes de cabalaría, 6 de Seprona e 4 de investigación

Tamén se reforza a cooperación policial internacional, ao contar coa presenza de axentes de Portugal na provincia.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 26/07/2021 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

O persoal da Garda Civil en Ourense refórzase durante a tempada estival con oito axentes do Escuadrón de Cabalaría, seis destinados ao Servizo de Protección da Natureza (Seprona), catro efectivos para labores de investigación e 25 alumnos en prácticas.

Así o resaltou este luns o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, quen visitou unha parte do dispositivo de seguridade establecido pola Garda Civil na provincia no marco da Operación Verán 2021, do Plan de Seguridade do Xacobeo e de prevención de incendios forestais.

Ademais, indicou que se contará co apoio, no momento en que sexa necesaria a súa intervención, dun Módulo de Intervención Rápida do Grupo de Reserva e Seguridade e dun helicóptero. "Con estes dispositivos o Ministerio do Interior redobra os esforzos para previr a comisión de delitos dos que poidan ser vítimas os cidadáns nacionais e estranxeiros nas súas estancias na provincia de Ourense", destacou González Afonso.

Así mesmo, tamén se reforza este verán a cooperación policial internacional, ao contar coa presenza de axentes de Portugal na provincia de Ourense. En concreto, seis axentes da Garda Nacional Republicana prestan servizo no Cuartel da Garda Civil de Verín durante o mes de xullo e serán relevados en agosto por outro seis efectivos.

O subdelegado do Gobeiermo en Ourense visita o dispositivo da Garda Civil despregado na provincia para a campaña de verán. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO DE OURENSE
O subdelegado do Gobeiermo en Ourense visita o dispositivo da Garda Civil despregado na provincia para a campaña de verán. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta