Listas de espera en Galicia: 70 días de agarda para operarse polo Sergas

Son 30 xornadas menos que no momento álxido da pandemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2021 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

O tempo medio de espera para unha intervención cirúrxica no Servizo Galego de Saúde (Sergas) era de 70,2 días a día 30 de xuño de 2021. Supoñen 30,6 días menos que os 100 rexistrados na mesma data do 2020, cando os datos se dispararon tras a primeira onda da pandemia da covid-19.

Esta redución, segundo explicou en rolda de prensa o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, foi posible grazas ao "esforzo moi importante" realizado polo servizo. Con todo, recoñeceu que aínda vai levar "polo menos un ano ou ano e medio" que a media de espera para unha operación se sitúe por baixo dos 60 días.

En canto ás listas de espera para unha primeira consulta cun especialista hospitalario, hai uns 150.000 pacientes cun tempo medio de 42,6 días a 30 de xuño de 2021, que son 23,7 menos en comparación os 66,3 de hai un ano.

Arquivo - Sanitario con EPI antes de entrar na UCI. VALDECILLA - Arquivo
Arquivo - Sanitario con EPI antes de entrar na UCI. VALDECILLA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta