Prevén que a planta de transferencia de residuos de Ponteceso funcione en setembro de 2022

A Xunta de Galicia licitou as obras de construción da nova planta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2021 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia licitou este martes por case 1,3 millóns de euros as obras de construción da nova planta de transferencia de residuos de Ponteceso, coa previsión de que estea operativa en setembro de 2022. A plataforma autonómica de contratos públicos publica este martes este contrato da Sociedade Galega de Medio Ambiente, ao que se poden presentar ofertas ata o 27 de agosto.

Esta planta substituirá á actual microplanta, localizada nas inmediacións do parque empresarial de Tella, que só transvasa a bolsa negra (fracción non reciclable recollida a través do colector verde xenérico).

A nova planta poderá transferir a bolsa amarela (envases de plástico, latas e briks depositados no colector amarelo) e a materia orgánica recollida de forma selectiva a través do quinto colector, de cor marrón.

Concello de Ponteceso
Concello de Ponteceso | Fonte: Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta