O BOE publica o decreto que recolle as bonificacións para as peaxes da AP-9

As rebaixas comezarán a aplicarse este xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2021 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este mércores o decreto polo que se modifican certos termos da concesión administrativa para a construción, conservación e explotación da Autoestrada da Atlántico AP-9.

É o decreto co que as peaxes da aupista experimentarán unha rebaixa "histórica", debido ás bonificacións que habilita o Goberno central.

A medida foi presentada este luns pola nova ministra de Transportes, Raquel Sánchez, e o decreto "producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación" no BOE, é dicir, desde este xoves.

Arquivo - AP-9, Autoestrada do Atlántico. MIGUEL RIOPA - Arquivo
Arquivo - AP-9, Autoestrada do Atlántico. MIGUEL RIOPA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta