O salario bruto galego cae un 1,3% en 2020 a 20.875,6 euros, case 2.000 euros menos que a media

Rompe con catro anos consecutivos de subidas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2021 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

O salario bruto anual por traballador situouse en 20.875,63 euros en 2020 en Galicia, o que supón un descenso do 1,3% respecto de 2019, segundo os datos que publica este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deste xeito, rompe con catro anos consecutivos de incremento en Galicia dos salarios. A media galega é inferior en 1.961,96 euros á española, que se sitúa en 22.837,59 euros. Con todo, Galicia recorta diferencial á baixa, dado que o descenso do 1,3% galego en 2020 é inferior ao retroceso do 2,6% no país.

De acordo a estes datos, o custo laboral neto por traballador ao ano sitúase en Galicia en 28.480,66 euros en 2019, o que supón un 1,3% menos que no exercicio anterior --a caída en España é do 2,1%--. Aquí súmanse os 20.875,63 euros de soldo e os 7.605 de custos non salariais (-1%).

O custo por traballador en Galicia é preto de 2.500 euros anuais menos que a media española (30.965,76 euros). En concreto, ocupa o oitavo lugar entre autonomías. Está case 9.000 euros por baixo dos 37.124,53 euros de País Vasco, que encabeza a táboa.

Arquivo - Albanel traballando nunha casa. EUROPA PRESS - Arquivo
Arquivo - Albanel traballando nunha casa. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta