Traballan para controlar un incendio na parroquia de Santa Mariña do Monte

Aínda que evoluciona "favorablemente", permanece activo e calcinou unha hectárea de terreo.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 28/07/2021 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

Un total de seis avións e dous helicópteros traballan nos labores para tentar controlar un incendio forestal que permanece activo na parroquia de Santa Mariña do Monte, unha zona nos arredores da cidade de Ourense.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse ás 15,56 horas e, aínda que evoluciona "favorablemente", permanece activo e calcinou sobre unha hectárea de terreo.

Ademais do amplo dispositivo de medios aéreos, tamén colaboran no equipo de extinción tres axentes, oito brigadas, catro motobombas e os Bombeiros de Ourense.

Helicóptero nas tarefas de extinción dun incendio en Chandrexa
Helicóptero nas tarefas de extinción dun incendio en Chandrexa | Fonte: Brif Laza

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta