A lei galega que recoñece como machista a violencia vicaria entra en vigor este xoves

O DOG tamén publicou este mércores o texto legal que aspira a garantir a "igualdade real" entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2021 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a reforma da lei autonómica para a prevención e o tratamento integral da violencia machista que incorpora como principal novidade o recoñecemento como machista da violencia vicaria. Segundo recolle o texto, entrará en vigor este xoves, un día despois da súa publicación no boletín autonómico.

A norma inclúe dentro do concepto de violencia de xénero a violencia vicaria, entendida esta como "o homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia" exercida sobre os fillos da muller, ou sobre calquera outra persoa "estreitamente unida a ela", coa finalidade de causarlle o maior dano por parte de quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou mantivese unha relación análoga, aínda sen convivencia.

O DOG tamén publicou este mércores o texto legal que aspira a garantir a "igualdade real" entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación.

Entre outras cuestións, o texto estipula "a garantía" de que os períodos de tempo dedicados a permisos ou con reducións de xornada por razóns de conciliación ou coidado de menores, familiares ou persoas dependentes non repercutan na formación e na carreira docente e investigadora.

Hermanager Humor - Feminismo
Hermanager Humor - Feminismo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta