A Xunta traballa para identificar espazos para eólica mariña "sen afectar a actividade pesqueira"

Pide "consenso" entre o sector marítimo e o eólico.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/07/2021 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

A Xunta traballa para identificar espazos nos que desenvolver proxectos de eólica mariña "sen afectar á actividade pesqueira" en Galicia. Na tarde deste mércores, reuniuse en Santiago o pleno do observatorio de eólica mariña, nun acto co vicepresidente económico, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana.

Parque eólico mariño
Parque eólico mariño | Fonte: Acciona - Europa Press.

Alí, a conselleira do Mar apelou á procura do "consenso" entre o sector marítimo e o eólico, á vez que defende a "transparencia" para que se poidan desenvolver proxectos "sen que prexudique" á actividade pesqueira.

Así, Galicia prepara alegacións ao Ministerio para a Transición Ecolóxica sobre os plans de ordenación de espazos marítimos --en consulta pública aberta ata setembro-- de cara ao desenvolvemento da eólica mariña.

Nesta liña, Francisco Conde valora que a eólica mariña supón un "proxecto de país", que dará lugar a un "salto cualitativo" no desenvolvemento das renovables e o emprego industrial. Apela a "abrir esas oportunidades" e "garantir a compatibilidade" co sector pesqueiro.

Pola súa banda, este observatorio contará cunha páxina web na que se recolla a súa actividade, unha ferramenta para favorecer a participación e o diálogo aberto.

Tras a súa constitución o pasado 9 de xuño, este observatorio --formado por representantes de Xunta, industria e sector pesqueiro--, puxo en marcha tres grupos de traballo: un para planificación normativa, outro centrado en innovación e o que se dedica ao impacto social.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta