As zonas con máis restricións poderán acoller a fin de semana os eventos convocados antes do cambio de nivel

As decisións tómanse agora con base nas 'taxas axustadas', indicadores corrixidos coa presión hospitalaria.

Por Europa Press / Redacción | | 29/07/2021 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia autoriza para este fin de semana, nos concellos con máis restricións, os eventos e celebracións en locais hostaleiros que fosen convocados ou organizados antes do 29 de xullo, día en que o comité clínico anunciou os cambios de nivel para os concellos respecto da covid-19.

Así o sinala o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicado este xoves e no que se recollen as medidas e as decisións respecto ao cambio nos niveis --máximo, alto, medio e medio-baixo-- das localidades galegas, tomadas polo comité clínico o pasado martes.

Aínda que as medidas entran en vigor a partir das 00,00 horas do sábado 31 de xullo e, por este motivo, nas localidades en nivel máximo e alto, con lecer nocturno pechado e cuxos locais hostaleiros verán reducido o seu aforamento ao 30% e 50% respectivamente con obrigatoriedade de certificado covid-19 --ademais de quedar prohibidas as reunións entre non conviventes entre as 1,00 horas e as 6,00 horas da madrugada--, a Xunta habilita unha excepción para os eventos xa programados para o sábado 31 de xullo e 1 de agosto.

TAXAS AXUSTADAS

Unha das novidades en torno ao comité clínico e que recolle este xoves o DOG, son os novos parámetros nos que se basea a toma de decisións, as denominadas 'taxas axustadas'. Estes índices axustan as taxas de incidencia acumulada mediante a aplicación dun factor de corrección baseado no risco de ingreso hospitalario.

A Xunta sinalou que, grazas á campaña de vacinación --que está a permitir ademais a reactivación da actividade económica--, "a pesar das taxas de incidencia elevadas que se están observando", "a carga asistencial hospitalaria é de 3,2 e 0,6 ingresos por 100.000 habitantes en hospitalización de agudos e en unidades de críticos".

"Para reflectir este feito", sinálase no DOG, "a incidencia acumulada global a 14 e 7 días axustarase segundo evolucione o risco de ingreso en cada momento". A consideración do risco de ingreso como factor, aínda que manterá os niveis de restricións como ata agora, permitirá "avaliar dunha forma dinámica os avances positivos na campaña de vacinación".

Un grupo de persoas pasea polo recinto onde se adoita celebrar a Festa do Albariño, en Cambados, Pontevedra.. Beatriz Ciscar - Europa Press
Un grupo de persoas pasea polo recinto onde se adoita celebrar a Festa do Albariño, en Cambados, Pontevedra.. Beatriz Ciscar - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta