Pablo Nogueira gaña o premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez na modalidade de narración

O xurado destaca a súa "perspectiva inclusiva e que dá visibilidade á diversidade funcional entre a infancia".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 29/07/2021 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O escritor Pablo Nogueira Campo --O Carballiño, 1987-- gañou o XVIII Premio Pura e Dora Vázquez na modalidade de narración, galardón de literatura infantil e xuvenil que concede a Deputación de Ourense, coa súa obra 'O clube de coleccionistas de selos'.

O xurado destacou "a súa perspectiva inclusiva e que dá visibilidade á diversidade funcional entre a infancia", unido á súa "posta en valor do medio natural, así como a figura do avó e as relacións interxeneracionais". O premio está dotado con 1.500 euros.

Igualmente, o xurado remarca que é un texto con "unha escritura moi coidada, na que emprega moitas referencias a personaxes históricos e literarios, o que promove a posibilidade de diversificar os itinerarios de lectores e o fomento da lectura". Por iso, convértese en "un bo recurso literario para profesores e o seu traballo na clase".

O xurado, presidido pola deputada de Cultura da Deputación, Patricia Torres, estivo formado por David Canda, Antón Alonso, Xosé Antón Dorrio, Isabel Mociño, e Ana Malingre.

Pablo Nogueira estudou Maxisterio na Universidade de Santiago e actualmente é profesor de Audición e Linguaxe no ensino público. Licencidado en Psicopedagoxía, conta cun máster na USC en 'Investigación en educación, diversidade cultural e desenvolvemento comunitario'.

Previamente a este galardón, publicou dúas novelas curtas para o público adulto: 'Banda Sonora Orixinal' (Fervenza, 2019), obra gañadora do IV certame Balbino de relatos, e 'Música para os días de inverno' (Laiovento, 2020).

Xurado do Pura e Doura Vázquez: Patricia Torres Madureira (deputada de Cultura), David Canda Castro (PP), Antón Alonso Suárez (PSdeG), Xosé Antón Dorrio Vázquez (DO), Isabel Mociño (BNG) e Ana Malingre (secretaria). ALBERTE PAZ GARZA
Xurado do Pura e Doura Vázquez: Patricia Torres Madureira (deputada de Cultura), David Canda Castro (PP), Antón Alonso Suárez (PSdeG), Xosé Antón Dorrio Vázquez (DO), Isabel Mociño (BNG) e Ana Malingre (secretaria). ALBERTE PAZ GARZA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta