O conselleiro avisa de que "aínda quedan uns días de subas de positivos e ingresados" por covid-19

Julio García Comesaña estima que Galicia "alcanzará o pico" de pacientes ingresados polo coronavirus a próxima semana.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/07/2021 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade da Xunta, Julio García Comesaña, cre que "se todo vai como ata agora", na próxima semana Galicia "alcanzará o pico de pacientes de Covid ingresados en hospitalización convencional" no marco da quinta onda.

Sanitarios nunha ambulancia trasladando pacientes con covid-19 dunha residencia a un hospital
Sanitarios nunha ambulancia trasladando pacientes con covid-19 dunha residencia a un hospital | Fonte: Santi Alvite.

As estimacións de Sanidade apuntan tamén que probablemente na semana seguinte, a segunda de agosto, alcanzarase o pico de pacientes ingresados nas unidades de críticos.

No transcurso do acto da firma dun convenio para a construción dun novo centro de saúde en Vilagarcía de Arousa, García Comesaña indicou este venres que a situación actual en Galicia "non é de baixada, pero si dun freo na suba".

As incidencias acumuladas a 7 e a 14 están practicamente na metade. "E iso é unha moi boa nova", manifestou o conselleiro, quen sinalou que "aínda quedan uns días de subas de positivos e de subas de casos ingresados". A partir de aí, engadiu, esperan e confían "nunha baixada".

"AGUANTAR UNHAS SEMANAS"

Comesaña solicita aos cidadáns un esforzo adicional, "aguantar unhas semanas máis, seguir respectando as normas, limitar os contactos na medida do posible e non deixar de usar a máscara".

E fixo especial fincapé na xente nova, á que pediu que acuda aos cribados que se están facendo, "para tratar de detectar os casos, disgnosticarlos e asilarlos".

Así mesmo, sobre os mozos, nunha entrevista na TVG manifestou o conselleiro este venres que está preto a volta ao curso. "Cos datos que manexamos, unha parte dos estudantes estará vacinada, os de Bacharelato, por exemplo, e esperamos ter vacinados os cursos máis alto de ESO", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta