Desaparece o único gratuíto que había en galego

O semanario De Luns a Venres seguirá só na rede. O Grupo El Progreso anuncia "unha remodelación de contidos de da concepción da web" para os próximos meses.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 02/01/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A comezos de xaneiro do pasado ano o Grupo El Progreso despedía nove mulleres da súa sede en Santiago, traballadoras de AGN e do gratuíto de Luns a Venres, cuxa edición diaria desaparecía para converterse nun semanario.

Última portada do semanario De Luns a Venres
Última portada do semanario De Luns a Venres

Menos dun ano despois, De Luns a Venres tamén deixarase de editar en papel para conservar só, a súa edición dixital. E iso que a empresa prometía entón que a nova publicación semanal aumentaría as páxinas e a tirada, mantendo a aposta polo idioma galego.

Agora, El Progreso anuncia que este medio seguirá na rede, a través de Galiciaé, a plataforma dixital que tamén acolle as webs de El Progreso e Diario de Pontevedra. O grupo de comunicación lucense anuncia que esta web sufrirá "unha remodelación de contidos e da concepción da web que se afrontará nos próximos meses".

"O último exemplar"

O gratuíto do Grupo El Progreso cumpría, precisamente, o pasado 21 de decembro sete anos de vida como publicación en papel. "Este exemplar que ten vostede na súa man é o último en papel do que foi o único gratuíto galego e en galego que se distribuíu nas sete principais cidades (Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago, Pontevedra e Ferrol) que non foi alleo á crise económica e que agora aposta pola Rede", recollía na páxina 2 da súa edición do 27 de decembro.

Así, lembraba que chegou a ser o segundo xornal galego con maior tirada (só superado por La Voz de Galicia e por riba de Faro de Vigo), con 50.000 exemplares na rúa, e que "marcou un fito en EGM" durante a súa alianza co tamén gratuíto ADN --xa desaparecido--, pois nesa época acadou unha difusión media de máis de 60.000 lectores.

Ata agora, El Progreso era o grupo que máis axudas recibía por ter un medio en papel en galego. De feito, o pasado ano pasaba de ser diario a semanario tras cobrar 250.000 euros da Xunta. Na actualidade, só se conservan como medios semanarios en galego o Sermos Galiza --que naceu hai un ano-- e o Novas da Galiza que é, na actualidade, o decano dos semanarios en galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

4 Manel Pardo

O sinto por eles, de todos xeitos Lindeiros, que se edita na comarca de Santiago editase nun 99 por cento en galego e é gratuito; creo que o que fai falta e xornalismo... no idioma que sexa e si e en galego mellor ainda

3 Nolte

Manía de identificar o idioma galego co nacionalismo, e o nacionalismo co BNG. Cousa de ignorantes. Eu son galego, falo o idioma do meu país e non teño nada que ver nin cos do BNG nin cos sucedáneos. Para rematar, dúas cousiñas que iluminarán a acomplexados. Unha: a o idioma galego é o idioma propio de Galicia. O Castelán é o idioma propio de Castela e falase, por imposición, en parte da parte non lusa da península ibérica. Dúas: os medios de comunicación son empresas que, como tales, teñen como fin xerar beneficios para os seus propietarios. Derradeira: é mentira o argumento do peche do LV; si tivera tanta tirada e difusión, con tantas achegas da Xunta, que si que as tiña, seguiría na rúa, aínda que fose tirado, que é como estaba. Bo 2014

1 Gallego

Tus paridas ayudan a identificar galego con nacionalismo. Ahí están los resultados. Soy gallego, como mis padres y utilizo habitualmente el español para comunicarme PORQUE ME DA LA GANA. De imposición del gallego sufro mucho en la educación de mis hijos y cada vez que voy a la Junta de Galicia. Seguid así, que lograréis la extinción del gallego en pocos años

2 Doutor Moreno

No digás boludeses, gayeeego...como moito serás curuñes, lugués, `puentevedrés ou ourensés....o teu problema é que perdiches o ADN unha noite de farra e non te enteraches...abandoa a lectura do "marca",o clarete de peseta e os puticlubes de mediopelo e volta ao redil...léete algún libro de historia e saberás que as unicas imposicións idiomáticas que houbo na Galiza nas últimas vinte centurias foron as do Latín (exitosa) e a do Castelán-Español (esta-lle costando algúns séculos de mais- sodes tan inúteis os hespañois, tan imperialistas fracasados...!!!-pero a punto de sé-lo....: menos mal que nos fican catalunya, Euskadi e Portugal!!!!).

3 Gallego

Pues ya sabes, puerta y para Euskadi que allí te van a falar moito galego.

4 Laleydelzapateado

Pero si é moi doado: O nen quere falar castelán, e os demáis en galego. A él reconocerano como un español, e decir un esperpento saído da zona máis corrupta de Europa en calquera sitio, aos demáis non.

2 Gallego

Otra consecuencia de asociar el gallego al fanatismo y la imposición.

1 nTef

Se a xente o lera, non desaparecía. Nin coas subvencións ao galego sobreviven as publicacións nesta lingua. O galego escrito e normativo segue a ter para a xente moito de invento, de artificioso, de pedante, asociándose a posturas extremas que son minoritarias, ou oficialistas, ou rituarias, no ofrecendo así confianza nin merecendo credibilidade.

1 Cidadán77

e?

2 Belen Esteban

nTef, cantos medios en "expañol" sobrevivirían sen as subvencións? o último en desaparecer foi a Gaceta. Os medios en "expañol" viven con subvencións e son propiedade de grandes lobbys económicos interesados en transmitir as suas ídeas e intereses sempre vencellados ao colonialismo. Acabando coas linguas nacionais e civilizacións coma o caso de Galiza, baixo o colonialismo, se remata coa resistencia impulsando o auto odio de ditos pobos. O uneco que enmascarades é a vosa propia misería, non sodes mais que unha lingua que ten en Belen Esteban a líder de ventas, e onde o "expañol" non serve para os unecos empregos aos que se pode optar: facer de camareiros dos súbditos da führer Merkel ou limpar wáteres en Laponia.

3 nTef

Os nacionalistas negádesvos a recoñecer o evidente: a profunda e ampla penetración do español, que ofrece moitas mais posibilidades; ou que o galego perdeu o tren hai moitos anos, i é irrecuperable ¿Cantos conceptos hai e cantas palabras ten o galego para designalos? ¿E cantas calquera lingua que non perdeu o tren como o inglés, frances ou español? El Ideal Gallego ou Atlántico Diario sobreviven, os medios en galego, pechan. Estando todos subvencionados, os medios en galego pechan porque non se len. O demais é conto desesperado para non traballar, vivir liberado como Callón, da política, do conto, etc.

4 ant0n

Os antinacionalistas negádesvos a recoñecer o galego como lingua normal, tendo tintes que, subxectivamente, son ben fermosos, que vale tanto como para cousas serias como para a esmorga... ademais de ser unha lingua románica como outra calquera... E en fin, non quero entrar na túa paranoia ideolóxica, pero as subencións se non as levan estes as levan outros, ou acaban en sobres e esas cousas...

5 Xiareiro

Por desgraza,este xornal estaba condenado a desaparición dende hai moito tempo, entre outras cousas, amáis das que se espuxeron aquí, a empresa matriz EL RETROCESO de Lugo, hai moito tempo que deixou de apostar por este medio, envorcándose tan só no seu xornal diario polas subvencións que recibe dende San Caetano.

6 Griffon

nTef, o xornal si se leia, na zona de vigo cerca de onde se distribuia veiase moita xenta co xornal, na saa de espera de hospitais, buses urbans, centro de saude.. audiencia ten.. pecha sabe deus por que!

7 nTef

Sería entón, o primeiro negocio que dera cartos, e no que os empresarios foran tan de sobrados que o pecharan...

8 Bernarda Alva rez

Bibliotecaria xa saiches do tobo? Ghuapiña, jajaja vailla mamar ao teu director espiritual.

9 Griffon

nTef..agora vasme dicir que o Atlantico da cartos para sobrevivir???juajuajua.. eo Ideal Gallego tamen??? ti tampouco o cres!!! por eso digo que os motivos sabeno eles. Elimina o galego que esta aguantando demasiado o xornal e demosllo o El Progreso, para seguir adoctrinando.

10 Doutor Moreno

A noticia coido que non está correctamente redactada: debera ser: Desaparece o ULTIMO Gratuito que se publicaba en Galiza, que ademais estaba redactado en galego (ergo, o Galego foi o que mais se resistiu á crise da prensa escrita gratuita, que vén dada, entre outros factores, polo desfondamento da publicidade....proba irrefutabel de que sí se leia...). Antes desapareceron "monstruos" como ADN, 10 Minutos ou Que, redactados en español e tal circunstancia non mereceu comentario algún, dos lambeortosmadrileños e sicarios do ministerio do interior que se arrastran neste foro, sobre se o castelan normativo é artificioso e pedante demais para a xente ou sobre os conceptos que se poden, ou non, expresar nel e demais chorradas da caverna españoleira...

11 Dona Urraca no seu castelo

Nos seus bos tempos A Peneira tamén estivo presente nas sete cidades máis importantes de Galicia. Hoxe segue saindo á rua A Nova Peneira que se pode presentar coma unha herdeira daquela Peneira. Tamén é gratuito e vive sío dos seus anunciantes. Hai que documentarse para pontificar aqui na rede sobre xornais e xornais.