Envorca unha ambulancia en Ourense tras chocar cun camión do lixo

O conductor do vehículo sanitario resultou ferido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2021 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

O condutor dunha ambulancia resultou ferido a madrugada deste sábado no centro de Ourense tras chocar contra un camión do lixo, segundo informaron a Europa Press fontes policiais.

O suceso tivo lugar pasada a medianoite, sobre as 00.30 horas do sábado, nas inmediacións da avenida da Habana, en Ourense. A ambulancia saltou un semáforo desa rúa e impactou contra un camión de lixo que circulaba pola perpendicular, Ramón Cabanillas.

O condutor da ambulancia, que envorcou debido ao impacto, resultou ferido e tivo que ser trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Non houbo que lamentar máis feridos xa que a ambulancia non trasladaba pacientes. Ata o lugar do suceso desprazáronse dúas unidades de bombeiros da cidade, a Policía Local e axentes da Policía Nacional.

Imaxe de arquivo dun vehículo de policía local nunha rúa.. POLICÍA LOCAL
Imaxe de arquivo dun vehículo de policía local nunha rúa.. POLICÍA LOCAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta