A Xunta, de recortar a educación do rural a pedir "equilibrio" ao Goberno no seu reparto de fondos

O Goberno galego vén de impulsar unha declaración con 97 concellos para pedir que os fondos europeos procuren "un rural forte" mentres agroman as denuncias de recortes en escolas unitarias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2021 | Actualizada ás 15:19

Comparte esta noticia

O Goberno galego e 75 concellos impulsaron unha declaración institucional para conseguir un rural "forte e conectado" durante o encontro 'Netx Generation Galicia. Por un rural forte e conectado', que tivo lugar este sábado. As demandas centráronse en pedir ao Goberno central "equilibrio" na repartición dos fondos europeos en materia de mobilidade; unha circunstancia que choca coas novas de recortes en escolas rurais por parte da Consellería de Educación, como publicou Galicia Confidencial. 

Segundo informou a Xunta nun comunicado, a esta reunión asistiron a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez; a directora xeral da Administración Local, Natalia Prieto; e os delegados da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; en Lugo, Javier Arias; en Ourense, Gabriel Alén; e en Pontevedra, Luís López, ademais de representantes municipais.

Así, as peticións producíronse tras o malestar dun 98% dos municipios galegos, de acordo con cifras da Xunta, que quedan excluídos do plan europeo de recuperación por contar con menos de 50.000 habitantes.

Neste sentido, a conselleira lamentou que desde o Goberno se reserven o 78% dos recursos europeos destinados a mobilidade para actuacións propias e só se destine ás autonomías e aos municipios un 9% e un 13%, respectivamente.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, á súa chegada ao Convento de San Esteban para celebrar a XXIV Conferencia de Presidentes.. Manuel Laya - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, á súa chegada ao Convento de San Esteban para celebrar a XXIV Conferencia de Presidentes.. Manuel Laya - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta