O PP reducirá os deputados da Cámara

Os partidos máis pequenos terán máis dificil entrar no Parlamento ao reducirse até 8 os escanos por provincia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/01/2014 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Feijóo e o seu partido seguirán adiante para rebaixar a Cámara galega de 71 a 61 deputados na vindeira lexislatura e iso, a pesares de non contar co apoio de ningún outro grupo político.

Pedro Puy Fraga
Pedro Puy Fraga | Fonte: ppdeG

De feito, os populares rexistraron este xoves a proposta para modificar a lei electoral autonómica e establecer o número mínimo de deputados por provincia en 8, fronte aos 10 da actualidade. Así o explicou o portavoz do PP no Parlamento, Pedro Puy. "Tentamos pactala cos grupos da oposición, que a rexeitaron e é dificilmente atacable desde o punto de vista de que o PP quere obter vantaxe electoral", apuntou.

Puy insistiu en defender esta propsota porque, dixo, o Estatuto establece unha franxa de entre 60 e 80 deputados. "O que queremos facer é un axuste nun momento de reformas administrativas e institucionais e lexitimamos así o poder público autonómico", engadiu ao tempo que negou que se trate de buscar vantaxes electorais. 

Con esta distribución, o número de deputados asignados por territorio sería de 32, un 52,46 %, fronte aos 40 da actualidade, un 53,3 % ; mentres que por poboación o número de deputados elixidos serían 29, un 47,54 %, fronte aos 35 da actual norma, que representan un 46,6 % da poboación.

Máis peso para Lugo e Ourense

Deste xeito, as provincias da Coruña e Pontevedra, as máis poboadas --e onde os grupos da oposición sacan mellores resultados-- , perderían 4 representantes cada unha e pasarían a elixir 20 e 18 deputados, respectivamente, fronte aos 24 e 20 da actualidade.

O descenso en Lugo e Ourense, as menos poboadas, sería de tres deputados en cada circunscrición, co que pasarían a elixir 12 e 11 deputados, respectivamente, fronte a 15 e 14, na actualidade. "Este sistema electoral non persegue só a representatividade, senón tamén a estabilidade e supón un comportamento razoable entre representatividade e estabilidade", defendeu.

Críticas da oposición

Con todo, os seus argumentos non convencen á oposición. "O PPdeG está a practicar o trilerismo político", dixo o deputado socialista no Parlamento de Galicia e exsecretario de Organización do PSdeG, Pablo García. "A cousa é sinxela. O señor Feijóo é hoxe presidente co 24% de apoio e sabe que non vai ter ese 24% de apoio e, polo tanto, quere garantirse a maioría absoluta con que o voten un de cada cinco galegos; e non lle deamos máis voltas", afirmou.

"Se (Feijóo) quere garantirse a maioría absoluta con menos votos a través desa maña e trilerismo político, aí non imos estar", dixo ao denunciar que unha reforma como a da Lei electoral "ten que ter certo consenso, pero ao señor Feijóo iso non lle importa".

Pablo García suliñou que reducir o número de deputados na Cámara galega sería "reducir democracia", "non porque lle conveña ou non ao PSOE, senón porque cremos, como no seu momento demostrámolo a pesar de que se podía facer, que sen consenso non é a mellor maneira de abordar estas cousas", concluíu.

Tamén a deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Consuelo Martínez, criticou a proposta do PPdeG porque "non ten que ver coa crise" senón que persegue "manter a maioría parlamentaria sabendo que vai perder moitos votos".

Así, censurou que o PP poña "a crise como motivo" para facer esta redución de deputados xa que o obxectivo real é "manter o bipartidismo" e asegurarse unha "maioría parlamentaria". "É curioso que o PPdeG insista na repartición territorial, con máis peso para as provincias de Lugo e Ourense, menos poboadas, en comparación coa Coruña e Pontevedra", denunciou.

Mantense a actual barreira de 5 por cento por provincia. Na prática, ao reducirse o número de deputados, isto implica que calquera partido debe obter máis do cinco por cento dos sufraxios para ter opcións de lograr un escano.

Cuestionado por este detalle, o voceiro do PPdeG quitoulle importancia. Na súa opinión, o único que deben preocuparse os partidos extraparlamentarios e por conseguir votos. Ademais, Pedro Puy estima que será en Lugo e Ourense onde subirá o límite, pronvincias nas que "nas que non poñen as súas expectatvias os partidos extraparlamentarios".

De acordo aos prazos que rixen na Cámara Galega, a maioría do PPdeG estará en condicións de cambiar a Lei Electoral antes dos comicios europeos, a tempo de poder esgrimir na campaña o cumprimento dunha das promesas máis polémicas da lexislatura, pois o cambio significa que un partido en solitario modifica significativamente o sistema que rexe a democracia en Galicia, sen que ningunha outra forza o apoie.

Pola súa banda, a deputada do BNG Carme Adán cualificou a proposta do PPdeG de "redución da democracia e do autogoberno de Galicia". "Isto non é máis que tinta para non falar dos problemas verdadeiros dos cidadáns, como o paro e o aumento do custo da vida en áreas como a electricidade, os combustibles e outros bens e servizos básicos", dixo.

 

Ademais, criticou que o PP asegure que esta reforma non variará o resultado electoral e afirmou que iso é falso", xa que, segundo dixo, o partido no goberno trata de asegurarse unha maioría que "ten perdida na rúa polas súas nefastas políticas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

23 anovaranovaxubilarovello

Si soltasen as figuras emblematicas que gardan a casa da feudataria de Brion (os mediavais palleiro & rico) CASA @VIEIRAS para entendernos, xa verian, fai pouco os soltaron nun congreso da anova en vijo e de cen soamente quedaron dez, propoño que solten a pelleiro & rico e xa veran o que vai quedar do parlamentiño galego... xa veran unha reducción verdadeira e non cosmetica, xa veran o aforro!

1 GibraltarBilingüe

Non se entende ren, o qué ven sendo "vijo"?

2 O grano no Q

Megaminaría, incendios promovidos polas mafias forestais e eólicas, privatización do ensino e da educación, especulación por todos os lados, venta do patrimonio público, nova lei do solo que dá "barra libre" para as desfeitas, nova lei de montes que privatiza o monte comunal, nova lei electoral que evita a entrada de novos partidos, fusión de concellos, reforzamento das diputacións, cesión de competencias á UE, nova lei anticonstitucional e antiestatutaria (sen que ninguén a recurra!!!!) que elimina a personalidade xurídica da parroquia e as entidades locais menores e reforza as diputacións, etc, etc. Coa que está a chover e só vos importan os cálculos electorais para pillar escano, ou sexa, diñeiro. Se os ve el plumero!!! Moito!!!! E tanto aos de Anovo como aos do BNG.

22 Militante de CxG

O mais lógico para aforrar seria reduzir salários dos Deputados e não o número de deputados pois assim reduzem representatividade. Todo indica que o PP fai isto por interesse eleitoral e para evitar que os partidos novos emergentes entrem no parlamento.

1 Peteirando

Evidente. Mas se traduzimos a primeira parte do seu razoamento para as matemáticas, a resposta é a Democracia Direta Assemblear que propõe o PT: se a menos deputados, menor representatividade [mais 'representados' por 'representante'], a função que otimiza a representatividade é 1 pessoa, 1 voto. O PT já publicou uma proposta para fazer isso possível mesmo a partir da situação atual. É só conferir: http://www.partidodaterra.net/orden...

2 ant0n

Pois, aos "dous" volo digo, se cada un se pon a sachar a súa horta imos ir moi mal... Síntoo, pero o voso momento xa pasou, agora, en momentos de emerxencia, non é moi lóxico ir cada un polo seu lado, cando hai puntos comúns que se poden definir, cumprir e logo xa se verá... Eu estou moi contento de que existan CxG e o PT, pero as únicas novas que van dar nos próximos tempos é que revalidan as súas marcas electorais, e a onde imos asi?

3 Peteirando

Ant0n, apelar a "momentos de emerxencia" para coerir a grei e deixar que as cousas continuem o seu curso é o que leva fazendo o isolacionismo linguístico, o nacionalismo galego e o governo espanhol no que diz respeito à Catalunha desde há anos. E já conhecemos o resultado. Precisamente porque são momentos de emergência é que há que agir e procurar caminhos e estratégias novas. O contrário é como pedir a alguém que está em estado grave para que não opere a doença que o está a matar: se tudo tivesse dado certo, não haveria que fazer nada, mas não é este o caso. De resto, eu também gostaria de que houvesse maior colaboração entre as forças do campo nacional galego, mas isso deve produzir-se a partir de consensos e estrategias novas, não recuncando nas velhas que não funcionaram. Saúdo!

4 Rayleigh

Vaites!! É incrible a cantidade de grandes estadistas que temos por estas páxinas! Todos saben que facer, como actuar, como é a realidade e o que queren os cidadáns. O malo é que o 90% destes "estadistas" están en bandas ailladas que, ou non se presentan as eleccións (xa que é moi vulgar iso de presentarse ante o populacho) ou se se presentan non pasan nunca de 1000 votos en toda Galiza durante anos. Iso sen contar que esas persoas, ou deixan de votar ou votan a outros cando cumpren 25 anos de idade. E logo van dando leccións a xente que arrastra a 100-200 mil votos. Iso si...a baralles e pallas mentais non lles gaña ninguén. Infumables. Por certo...este post trata sobre a reducción de deputados non das vosas pallas. E neste tema, nin con 61 deputados nin 2758, conseguríades representación. Trabúcome? Non mo digades...o importante é participar, pero o mesmo tempo queredes cambiar a sociedade? Quen vos entenda que vos merque.

5 Peteirando

Grandes estadistas a começar por você, n'é? E como a validez das ideias políticas mede-se polo número de votos e a representação que se tenha no parlamentinho, o PPdGa tem quatro vezes mais razão que vós a as "vosas pallas mentais", ou? Vaia argumento mais parvo, deus: sempre há quem a tenha mais grande! ;D

6 Eivado

A pergunta certa não é se nos queremos mudar a sociedade, cuja resposta é evidentemente que sim, mas quanto a mudastes vós com os vossos douscentos mil votos ... porque cada dia estamos pior.. Bueno, tanto tem: o importante é continuar no alho, andar a sentar cátedra e sacardes a pirola de tanto em quanto para mostrar que a tedes mais comprida. Parabéns!

7 Rayleigh

Bla bla...non te cambies o nick para facer bulto. Iso primeiro. Segundo..non tedes nin a máis remota idea de ler a sociedade. Non sabedes chegar os cidadáns. Terceiro, baixade os fumes, por que non hai nada máis patético que ver o EGO desmesurado dun lusista. Que parece que estades tocados pola mán de Deus. Non sodes máis que uns centos sobre 2.7 millóns. O cal despois de 30 anos de "loita" (pfff) só se pode identificar coma FRACASO. Que porque vos xuntedes 5 nunha páxina non vos fai maioría. Seguides sendo 5. Polo tanto, non estades en condicións de dar leccións de NADA. E menos de política. E eu non saco a p.rola. Todos sabemos que falar galego aportuguesado proporciona 5 cm extras, verdade? E contra isto non podo loitar.

8 Eivado

Pois para não sacares a pirola, não fas outra cousa que falar de tamanhos: "olha quantos somos ... e vós?" e blablabla... e a partir daí já não há mais conversa. Depois, a palha no olho alheio. Repito, depois de 30 anos e tantos milhares de votos: que tendes conseguido? Qual os vossos logros?? E sei que continuarás sem responder... PS: mudei de 'Peteirando' para 'Eivado' depois de me informares da minha condição congénita.

9 Rayleigh

Pero a ver...a que aspirades? A baralles psico-filosóficos ad-aeternum ou a cambiar a sociedade? Para cambiala, hai que chegar. E vos, NON CHEGADES. Que levades 30 anos!! Por suposto que a política é para solucionar problemas. Pero cando non sabedes como facelo (e a vista está que NON SABEDES), son palabras baleiras. Que fixo o nacionalismo no BNG? Pois polo menos ser percibido como alternativa de goberno. Que o alcalde de Munich, poña a un alcalde do BNG coma referente. Banco de Terras, Concurso eólico, Cultura Galega. Todo isto botado abaixo máis pronto que tarde polo PP (Por que será?)...Ou, o cambio de hora que agora fala todo o mundo del, e foron os do BNG os primeiros...Deixa de chorar. Recoñeceo. NON ESTADES CAPACITADOS máis que para dar polo...Que fixéstedes vos? Veña...presumide de "logros" + AUTOCRÍTICA!

10 Eivado

Oes: ontem foi Reis e hoje e terça... e este não é lugar para ter muita conversa. Brevemente, tornas atrbucar-te com os números: levamos 30 anos?? Quem?? O PT?? [Não!! não tem nem 3 !!] O reintegracionismo?? [Do Padre Martim Sarmiento já vão lá muitos mais..!] - Depois, falas do que fizestes quando estivestes no governo, ok. 1) se tivesses um pouco mais de humildade, prudência e conhecimento, saberias que muitas cousas foram sacadas do reintegracionismo. Mas tanto tem: daqui a 2 anos diredes que vós fizestes a ILP Paz Andrade [assim se escreve a 'história' neste Pais!] 2) E até que não tornedes a entrar... nada? Aburrr!!

11 Eolo

#9 Poñer o CONCURSO EÓLICO como exemplo de cousa ben feita? Había que tirarvos os dentes da boca a hostias! Se ca de anos que pasaron desde o bipartito ainda non o entendedes é que non tedes remedio. Que noxo de xente, menos mal que nunca mais ides gobernar.

12 O grano no Q

Jajaja, pois anda que o da cultura galega como exemplo... hai que telos ben grandes! Trinta anos mandando flores ao seu enterro, tanto da lingua como da cultura popular, que diría Díaz Pardo, ese a quen agora tamén mandades flores cando en vida o aldraxástedes. Por desgraza non sei escribir en reintegrado, pero simpatizo moito co reintegracionismo e quen teña ollos na cara debe recoñecer que son a vangarda e a resistencia da cultura galega VIVA, non o modelo de cultura morta para museos e actos litúrxicos que tendes vós, un modelo por e para chupópteros a vivir das subvencións. E ti falas de autocrítica, Rayleigh? Ti si que non estás capacitado! Nen ti nen o BNG. Con xente tan sectarea e tan fora da realidade, así nos vai. Nen sodes galeguistas nen menos ainda nacionalistas, só tristes autonomistas españolistas a tentar entrar no caciquismo da política e chupar do bote. Dades moita pena.

13 Rayleigh

Si...30 anos. O conto de pasarse dun grupo a outro cada certo tempo para "abrir novos camiños" coas mesmas persoas e dicindo o mesmo, xa está moi visto. Home..o BNG, fixo máis que outros. EOLO...claro. O PP pensa o mesmiño, eres un trol pepeiro? Por iso o PP botouno abaixo de maneira ILEGAL a fume de carozo. Se ata os tribunais dixeron que fora legal. Non hai quen vos entenda...pois nada, probamos coa enerxía nuclear quizais? Por que Galiza necesita enerxía e non hai maneira de que estedes contentos con NADA. Por iso, son da opinión de que se queremos que Galiza avance e se converta nun país de seu, hai algo básico: mandarvos a m.rda a todos vos. De verdade, sabedes que gostaría? Que gobernárades 4 anos. Asegúroche que nos levaríamos moitas sorpresas. Abofé que si. Ale..seguide facendo política sentados no sillón da vosa casa.

14 Rayleigh

Xa...non todos podemos ser Otero Pedrayo. Que se lle vai facer! Pero vos tampouco o sodes. Estou mirando as miñas intervenzóns..e non vexo ningunha crítica o reintegracionismo. Sen embargo saltástedes. Ah...Pero se ti cres que os reintegracionistas non viven de subvencións estas moi trabucado. De que cres que viven? De vender libros? De simpatizantes? De doantes anónimos? E como lle chamarías a grupúsculos pechados de amiguetes onde quen se mova non sae na foto? Ter 200 asociacións de 4 gatos cada unha, non indica pluralidade. Indica un sectarismo onde todos queren ser machos/femias alfa e que non queren que ninguén lles tusa na súa leira. Ahhh...e se alguén non entende que NO GOBERNO tes que gobernar PARA TODOS (SI, INCLUÍDOS PARA OS QUE NON PENSAN COMA TI), están máis preto do PP. Eles tamén gobernan SÓ para os seus. Non vos diferenciades moito: odiades ó BNG e pensades que gobernar é só gobernar para os vosos. Pedide o carnet do PP e non amoledes máis.

15 Eivado

E dá-lhe com a pirola, agora tocou anos! Repito: 30?? Quem? [PT? Reintegracionismo?? Eu??] Esclareça! Se fala do PT, reitero: não tem nem 3! O dia que leve tantos anos coma vós, falamos.. Ala, saúde.

16 Eivado subvencionado

Ah! E gostei do sei depoimento: as galegas/os seica só podemos ser eivados subsidiados... :-p

17 Rayleigh

p.rola? estás acomplexado, meu? Hai piruliñas para iso home!! Pero te cres que teño tempo para seguirvos por asociacións, bandas, grupos...Teño cousas máis importantes que facer que decidirme por unha das vosas bandas e ver os "matices" que vos diferencian entre vos. Ou eres do CNI? Coa xente coma ti, nunca estou moi seguro. Pillar a un de vos, falando do PP ou do SOE é máis raro cun can verde. Por certo..quen te chamou reintegracionista non fun eu. Xa nin atinas. E se ti cres que despois de criticar o de construir a casa polo tellado, penso que os galegos só podemos ser acomplexados, non me coñeces de nada. Tampouco de enteras de nada. Para rematar, investiga de quen reciben cartos as asociacións reintegracionistas....Seguro que algúns puristas lévanse unha sorpresiña. Son libre. Non teño que comulgar con rodas de muíño.

18 O ouro de Moscú

"investiga de quen reciben cartos as asociacións reintegracionistas...." -> Pois diga-no-lo você e faga-o público aqui, que se quadra alguns caemos da burra. E até porque senão vai quedar como um fala-barato ou um trapalheiro. PS: que fácil é largar boatos quando não se tem mais nada com o que rebater, eh rayleighzinho ..??

19 Eivado do CNI

Pois para não "nos seguires", seica sabes mais que todos nós. E ainda não especificaste a quem correspondem esses 30 anos... a mim? ao PT? ao reintegracionismo? Depois falas que "és livre" e criticas que haja quem passe dum coletivo a outro se assim o quiser. Lógico: como vós sodes de capelinha única e inamovível ... :DD

21 O PP teme a CxG

Sabem que se CxG entra no Parlamento o PP não volta a ganhar na Galiza nem em 50 anos.

20 Pasionaria

La noticia pone 71 y el rebaño repite 71. Si hablar de política todo el mundo sabe...como de fútbol. En fin. Que en nuestro Parlamento Galego hai 75 representantes de los partidos, frentes y coaliciones...elegidos por el pueblo.

1 Peteirando

Sim, eleitos "por el pueblo" em listas fechadas elaboradas polos partidos... e depois, quatro anos para fazerem o que lhes saia das gónadas, porque o Povo não tem maneira de revogar o mandato que lhes deu o Povo, por muitas falcatruadas que perpetrem !!! "Todo para el pueblo, pero sin el pueblo", que já inventara um espilido há séculos!

19 jaliñón

Que se fagan todos teledeputados e deputeen dende a súa casa, ao millor funcionan. Os da upbng non, que son moi serios, si.Quen vos dera piche.