O PP reducirá os deputados da Cámara

Os partidos máis pequenos terán máis dificil entrar no Parlamento ao reducirse até 8 os escanos por provincia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/01/2014 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Feijóo e o seu partido seguirán adiante para rebaixar a Cámara galega de 71 a 61 deputados na vindeira lexislatura e iso, a pesares de non contar co apoio de ningún outro grupo político.

Pedro Puy Fraga
Pedro Puy Fraga | Fonte: ppdeG

De feito, os populares rexistraron este xoves a proposta para modificar a lei electoral autonómica e establecer o número mínimo de deputados por provincia en 8, fronte aos 10 da actualidade. Así o explicou o portavoz do PP no Parlamento, Pedro Puy. "Tentamos pactala cos grupos da oposición, que a rexeitaron e é dificilmente atacable desde o punto de vista de que o PP quere obter vantaxe electoral", apuntou.

Puy insistiu en defender esta propsota porque, dixo, o Estatuto establece unha franxa de entre 60 e 80 deputados. "O que queremos facer é un axuste nun momento de reformas administrativas e institucionais e lexitimamos así o poder público autonómico", engadiu ao tempo que negou que se trate de buscar vantaxes electorais. 

Con esta distribución, o número de deputados asignados por territorio sería de 32, un 52,46 %, fronte aos 40 da actualidade, un 53,3 % ; mentres que por poboación o número de deputados elixidos serían 29, un 47,54 %, fronte aos 35 da actual norma, que representan un 46,6 % da poboación.

Máis peso para Lugo e Ourense

Deste xeito, as provincias da Coruña e Pontevedra, as máis poboadas --e onde os grupos da oposición sacan mellores resultados-- , perderían 4 representantes cada unha e pasarían a elixir 20 e 18 deputados, respectivamente, fronte aos 24 e 20 da actualidade.

O descenso en Lugo e Ourense, as menos poboadas, sería de tres deputados en cada circunscrición, co que pasarían a elixir 12 e 11 deputados, respectivamente, fronte a 15 e 14, na actualidade. "Este sistema electoral non persegue só a representatividade, senón tamén a estabilidade e supón un comportamento razoable entre representatividade e estabilidade", defendeu.

Críticas da oposición

Con todo, os seus argumentos non convencen á oposición. "O PPdeG está a practicar o trilerismo político", dixo o deputado socialista no Parlamento de Galicia e exsecretario de Organización do PSdeG, Pablo García. "A cousa é sinxela. O señor Feijóo é hoxe presidente co 24% de apoio e sabe que non vai ter ese 24% de apoio e, polo tanto, quere garantirse a maioría absoluta con que o voten un de cada cinco galegos; e non lle deamos máis voltas", afirmou.

"Se (Feijóo) quere garantirse a maioría absoluta con menos votos a través desa maña e trilerismo político, aí non imos estar", dixo ao denunciar que unha reforma como a da Lei electoral "ten que ter certo consenso, pero ao señor Feijóo iso non lle importa".

Pablo García suliñou que reducir o número de deputados na Cámara galega sería "reducir democracia", "non porque lle conveña ou non ao PSOE, senón porque cremos, como no seu momento demostrámolo a pesar de que se podía facer, que sen consenso non é a mellor maneira de abordar estas cousas", concluíu.

Tamén a deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Consuelo Martínez, criticou a proposta do PPdeG porque "non ten que ver coa crise" senón que persegue "manter a maioría parlamentaria sabendo que vai perder moitos votos".

Así, censurou que o PP poña "a crise como motivo" para facer esta redución de deputados xa que o obxectivo real é "manter o bipartidismo" e asegurarse unha "maioría parlamentaria". "É curioso que o PPdeG insista na repartición territorial, con máis peso para as provincias de Lugo e Ourense, menos poboadas, en comparación coa Coruña e Pontevedra", denunciou.

Mantense a actual barreira de 5 por cento por provincia. Na prática, ao reducirse o número de deputados, isto implica que calquera partido debe obter máis do cinco por cento dos sufraxios para ter opcións de lograr un escano.

Cuestionado por este detalle, o voceiro do PPdeG quitoulle importancia. Na súa opinión, o único que deben preocuparse os partidos extraparlamentarios e por conseguir votos. Ademais, Pedro Puy estima que será en Lugo e Ourense onde subirá o límite, pronvincias nas que "nas que non poñen as súas expectatvias os partidos extraparlamentarios".

De acordo aos prazos que rixen na Cámara Galega, a maioría do PPdeG estará en condicións de cambiar a Lei Electoral antes dos comicios europeos, a tempo de poder esgrimir na campaña o cumprimento dunha das promesas máis polémicas da lexislatura, pois o cambio significa que un partido en solitario modifica significativamente o sistema que rexe a democracia en Galicia, sen que ningunha outra forza o apoie.

Pola súa banda, a deputada do BNG Carme Adán cualificou a proposta do PPdeG de "redución da democracia e do autogoberno de Galicia". "Isto non é máis que tinta para non falar dos problemas verdadeiros dos cidadáns, como o paro e o aumento do custo da vida en áreas como a electricidade, os combustibles e outros bens e servizos básicos", dixo.

 

Ademais, criticou que o PP asegure que esta reforma non variará o resultado electoral e afirmou que iso é falso", xa que, segundo dixo, o partido no goberno trata de asegurarse unha maioría que "ten perdida na rúa polas súas nefastas políticas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

18 Rayleigh

Estoo..despois de ler sesudas análises, está claro: SELECCIÓN GALEGA XA!! Non só sería un orgullo senón totalmente NECESARIA. Con selecc. galega (de fútbol a poder ser) pasaría o que pasa coa española no resto do estado: todos poderían ser adestradores e os "máis indicados" deixarían de dar polo...nas conversas de maiores: os do PCE (partido sen implantación, xente e cun gran rexeite en Galiza), pedindo os demáis que se quiten de enmedio. Os fanboys de ANOVA falando de renovación cun Beiras con 50 anos en política e Mariano Abalo con +30 anos que non solta a poltrona de Cangas nin a tiros. Os do PT e similares pedindo listas abertas e Dem. directa (moi ben en Suíza, pero estamos en Galiza) co PP co 50 % dos votos (adivinade a quen beneficiaría. A eles, non). E supostos militantes do BNG dicindo que os votos, e polo tanto os deputados, son "secundarios". O importante é participar, non si meus nenos? No PP seguro que pensan o mesmo. Por iso: SELECCIÓN GALEGA XA!

1 Confederación Galaica

Non entendín ben iso de Suíza e Galiza. As listas abertas e a democracia directa só serven para os suízos? Os galegos temos algunha eiva xenética que nos incapacita para esas cousas? Interesantes estes comentarios, vou aprendendo que é o que máis preocupa aos saltimbanquis do circo político galego e porque se sinten tan amenazados por un partido tan pequeno.

2 Rayleigh

Eiva xenética? Paréceche pouco o 45 % dos votos que SEMPRE se leva ó PP? Ou eres dos que padece ese mal que é se funciona noutro lado, por que aquí non? Sen ter en conta historia, economía, sociedade... Rapaz...que aquí non pasamos aínda das "adhesións inquebrantables" do franquismo e do "voto PP por que sempre o fixen" e ti queres democracia directa? Para iso, primeiro hai que levar uns cantos anos con democracia normal e corrente. Algo que aquí NON EXISTE. Non é coma poñer de moda un gorro, aínda que pensedes que si! As casas fanse dende os cimentos, non polo tellado. Por iso vos estrelades unha e outra vez. Con partido pequeno a quen te refires? Mi madriña! Se calqueira crítica que se fai a calqueira BANDA (pois moitos partidiños non pasan de iso), se vos sube o ego, mal imos. Uy si..molesto, claro claro. Feijoó está tremendo en Monte Pío e en La Voz non paran de falar de...PT? Nós-UP? Isto é todo o que tes que dicir? Que falta te fai a Selección Galega!!

3 Peteirando

Pois se o PP já tira agora o 50% dos votos emitidos, por que havia de ser pior numa democracia direta?? Qual a diferença?? Digo-lha eu: a participação! No pior dos casos votariam os mesmos que votam hoje. Mas provavelmente, vendo que o voto de cada quem pode realmente influir nas decisões a tomar, a gente se implicaria mais... e essa pretensa maioria do PP não seria. Pero claro, a gente escaparia também ao controlo do Politburo... :-p

4 Rayleigh

Ah si? Implicaríanse? Que pasaría cando os que SEMPRE votan PP se poñan a xogar o xogo de "SIMÓN DÍ..." na variante "O PP DI...". Seguirían implicándose cando vexan que todo sigue igual? Os que non van 1 vez en 4 anos a votar, vanno facer cada semana? Por suposto que é moi bonito. Volvo a dicir: En Suiza perfecto. En Galiza, nos próximos 20 anos e iso comezando agora cunha democracia REAL, nada de nada. Faime moita graza cando falades de POLITBURÓ...cando sodes 4 e non xuntades nin as vosas familias nos vosos actos, todo é moi guai, todos sodes irmáns: 4 gatos que pensan o mesmo. Agora multiplicade iso por 100 ou 1000. A ver que facedes. Todos sabemos que estes partidiños, non teñen dirixentes e se os teñen (posible "politburó") son fillos únicos, pasan fame, viven da caridade e baixo unha ponte, aparte de nunca trabucarse, non? Non espero menos, vendo a pureza da que presumen os seus fanboys. Oes peteirando, onde vives? En Galiza, non.

5 Eivado

Falam os gurus e futurólogos do que faria a gente no caso de haver Democracia direta na Galiza, e nos 20 anos de "travessia do deserto" que nos esperariam se tal acontecesse... como se não levássemos mais de 20 anos governados pola ultradireita com o seu amado sistema partitocrático atual. Enfim, a ideologia e o 'untamiento' partitocrático contra a realidade. E volta ao argumento do tamanho! Bom, isto é fácil de rebater: segundo isso o PPdGa tem 4 vezes mais razão que vós, 'pelados'! E sim, vivemos na Galiza... mas se quadra teremos de emigar para a Suíça para ver 'se se nos cura' (esta eiva), ou??

6 Rayleigh

Futurólogos? NON. Non fai falla bola de cristal cando se percorre as rúas todos os días e ves o que pasa. As conversas non xiran sobre a Democracia Directa. Xiran, sobre a factura eléctrica, o naval, a cesta da compra, a economía, a corrupción......E iso, non hai lusista (non é algo pexorativo. É para identificar a un grupo de persoas) que fale disto. A pregunta de que o PP gaña por que ten máis razón, ti mesmo, estaste a por en evidencia: Vos presentásdesvos as eleccións e conseguides mil votos. O PP consegue 700 mil. No voso caso É 700 VECES! Iso foi un ataque? Se tanta razón tedes, algo fallará? Despois de 30 anos e varios grupúsculos, xa vai sendo hora da "autocrítica" que pedides a outros, non cres? Xa está ben de estadistas de cuncas de viño e porros. Se non pillas isto, dedícate a outra cousa e ver se quen te sustitúe, é máis espabilado para pillar os problemas da irrelevancia MANIFESTA, do lusismo, do PT e demáis bandas.

7 Eivado

A ver machinho: se o "argumentiño" do número de votos é teu, papanatas! Que se "mira quantos votos tendes", que se "nós a temos mais longa que vós", etc.. . Segunda: basear a política no que "fale a gente na rua"... uf!! que visão, machinho! A gente tampouco fala de mudança climática, esgotamento de recursos, crise ecológica, etc... e eu que pensava que a política devia servir para solucionar e evitar problemas.. vaites! Pois nada, a apoiar a "La Roja", que é do que fala a gente cada vez que há partida. E reitero, não saques tanto peito, flipado: que é o que tendes conseguido vós com tantos votos??? Tic, tac, tic, tac ...

17 Daniel

Mentres un botan as culpas da ruptura do nacionalismo galego a Beiras outros bótanllas a UPG e así seguiremos... dando maiorias á extremadereita cando esta non para de crecer

1 Rayleigh

Concordo co que dis. Pero o de Beiras é algo que cae de caixón. Leva 13 anos no tema. O que produce noxo é que os que chaman a unidade son os típicos minifundistas e cainitas que, atendendo a unidade, non se plantexan non presentarse para non disperar o voto. Dille os do Partido da Terra, Nós-UP, CxG, PCE.....que non se presenten para non dividir o voto nacionalista e/ou de esquerdas. Chamarante de todo menos guapo. Queren unidade pero sendo eles os machos/femias alfa da unidade. E non son quen de xuntar 4 gatos elección tras elección. Aquí o ego de políticos mindundis mata calqueira alternativa ó PP. A veces pregúntome se iso é o que queren. Por que senón existira o PP...que sería dos profesionais Anti-PP? Terían que traballar!

16 CXG=RIP

nin con 61 nin con 71 nin con 101, nin con 1.001, o vello @vieiras non conseguira nunca a xunta, o unico xeito de que poda facelo e que a camara galega tivese 2.789,208 escanos, enton el chegaria o domingo as 4 da tarde e abriria a porta e autoprocalamariase presidente da untada da malicia o goberno ese do allo de hispano-galeguismo e tartufismo, vello ruinoso @vieiras

1 Peteirando

Se a Câmara Galega tivesse 2.789,208 escanos, poupávamos este espetáculo e todos os líderes, salva-pátrias e chupões, das esquerdas e das direitas, que florescem arredor dele. Democracia Direta já, não precisamos de ninguém a nós salvar de nós próprios! : http://www.partidodaterra.net/orden...

2 Cidadán

Merda, já temos aqui a um TROLL de NUEVAS-DEJENERACIONES! Claro o PP tem cartos em B para pagar-lhe aos intoxicadores...

3 FálamedeFeijóo

O dos posts anti-"Vieiras" anda por todolos diarios que pode repetindo as mismas parvadas. Só os nenos, e os chuPPatintas pagados polo reino, teñen tanto tempo para perder. Pero vendo as parvadas que pon, que un neno de 8 anos podería millorar, se conclúe que é do PP.

15 Xan

Miraba na tele unha deputada do Soe pedir que se perseguise o fraude fiscal en vez de rebaixar os deputados. Coitadiña. Os galegos e galegas defraudan para non ter que manter tanta ineptitude e tanta poltrona. Dito esto. ¿Cómo é posible que a taifa de Ourense con 300.000 habitantes teña porcentualmente máis representatitvidade que unha área metro como Vigo?. Si se reduce o Hórreo e non as Diputacións estase vendendo a bo precio a autonomía política galega en troques do vello sistema centralista, caciquil, sen democracia directa, localista e becerril, artificioso, corrupto e antiquado das Diputacións provinciais. Supríma o reduzca éstas antes, Sr. Feijoo. Teñen a absoluta e os demáis partidos deberían apoialo se non están a coidar as poltronas que trincaron. ¿Ou basta un bedel con soplillo ou un enchufado de seu pai para asegurar a continuidade desta vergoña? ¡Partido corrupto, dexenerado moralmente e en descomposición histórica!

14 reginodelapena

Feixoo xa levaba no seu programa eleitoral do dous mil nove a reducion de escaños e non o fixo pois tiñan en marcha a operacion "beiras" que lles ia a dar o mesmo resultado ca unha merma de diputados no parlamento.Unha volta que o de beiras non vai poder ser repetido , non lle queda outra que voltar as andadas e agora si reducir os diputados pra voltar a maioria absoluta,eso si a xente persiste no suicido coletivo no que esta incursa a nacion galega.?como vai solucionar a merma de postos no seu partido¿,pois moi doadamente,levara a todolos seus ministrables na lista,e unha volta eleitos,cando forme governo,dimitiran e asumiran o escaño os seguintes.