O PP reducirá os deputados da Cámara

Os partidos máis pequenos terán máis dificil entrar no Parlamento ao reducirse até 8 os escanos por provincia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/01/2014 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Feijóo e o seu partido seguirán adiante para rebaixar a Cámara galega de 71 a 61 deputados na vindeira lexislatura e iso, a pesares de non contar co apoio de ningún outro grupo político.

Pedro Puy Fraga
Pedro Puy Fraga | Fonte: ppdeG

De feito, os populares rexistraron este xoves a proposta para modificar a lei electoral autonómica e establecer o número mínimo de deputados por provincia en 8, fronte aos 10 da actualidade. Así o explicou o portavoz do PP no Parlamento, Pedro Puy. "Tentamos pactala cos grupos da oposición, que a rexeitaron e é dificilmente atacable desde o punto de vista de que o PP quere obter vantaxe electoral", apuntou.

Puy insistiu en defender esta propsota porque, dixo, o Estatuto establece unha franxa de entre 60 e 80 deputados. "O que queremos facer é un axuste nun momento de reformas administrativas e institucionais e lexitimamos así o poder público autonómico", engadiu ao tempo que negou que se trate de buscar vantaxes electorais. 

Con esta distribución, o número de deputados asignados por territorio sería de 32, un 52,46 %, fronte aos 40 da actualidade, un 53,3 % ; mentres que por poboación o número de deputados elixidos serían 29, un 47,54 %, fronte aos 35 da actual norma, que representan un 46,6 % da poboación.

Máis peso para Lugo e Ourense

Deste xeito, as provincias da Coruña e Pontevedra, as máis poboadas --e onde os grupos da oposición sacan mellores resultados-- , perderían 4 representantes cada unha e pasarían a elixir 20 e 18 deputados, respectivamente, fronte aos 24 e 20 da actualidade.

O descenso en Lugo e Ourense, as menos poboadas, sería de tres deputados en cada circunscrición, co que pasarían a elixir 12 e 11 deputados, respectivamente, fronte a 15 e 14, na actualidade. "Este sistema electoral non persegue só a representatividade, senón tamén a estabilidade e supón un comportamento razoable entre representatividade e estabilidade", defendeu.

Críticas da oposición

Con todo, os seus argumentos non convencen á oposición. "O PPdeG está a practicar o trilerismo político", dixo o deputado socialista no Parlamento de Galicia e exsecretario de Organización do PSdeG, Pablo García. "A cousa é sinxela. O señor Feijóo é hoxe presidente co 24% de apoio e sabe que non vai ter ese 24% de apoio e, polo tanto, quere garantirse a maioría absoluta con que o voten un de cada cinco galegos; e non lle deamos máis voltas", afirmou.

"Se (Feijóo) quere garantirse a maioría absoluta con menos votos a través desa maña e trilerismo político, aí non imos estar", dixo ao denunciar que unha reforma como a da Lei electoral "ten que ter certo consenso, pero ao señor Feijóo iso non lle importa".

Pablo García suliñou que reducir o número de deputados na Cámara galega sería "reducir democracia", "non porque lle conveña ou non ao PSOE, senón porque cremos, como no seu momento demostrámolo a pesar de que se podía facer, que sen consenso non é a mellor maneira de abordar estas cousas", concluíu.

Tamén a deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Consuelo Martínez, criticou a proposta do PPdeG porque "non ten que ver coa crise" senón que persegue "manter a maioría parlamentaria sabendo que vai perder moitos votos".

Así, censurou que o PP poña "a crise como motivo" para facer esta redución de deputados xa que o obxectivo real é "manter o bipartidismo" e asegurarse unha "maioría parlamentaria". "É curioso que o PPdeG insista na repartición territorial, con máis peso para as provincias de Lugo e Ourense, menos poboadas, en comparación coa Coruña e Pontevedra", denunciou.

Mantense a actual barreira de 5 por cento por provincia. Na prática, ao reducirse o número de deputados, isto implica que calquera partido debe obter máis do cinco por cento dos sufraxios para ter opcións de lograr un escano.

Cuestionado por este detalle, o voceiro do PPdeG quitoulle importancia. Na súa opinión, o único que deben preocuparse os partidos extraparlamentarios e por conseguir votos. Ademais, Pedro Puy estima que será en Lugo e Ourense onde subirá o límite, pronvincias nas que "nas que non poñen as súas expectatvias os partidos extraparlamentarios".

De acordo aos prazos que rixen na Cámara Galega, a maioría do PPdeG estará en condicións de cambiar a Lei Electoral antes dos comicios europeos, a tempo de poder esgrimir na campaña o cumprimento dunha das promesas máis polémicas da lexislatura, pois o cambio significa que un partido en solitario modifica significativamente o sistema que rexe a democracia en Galicia, sen que ningunha outra forza o apoie.

Pola súa banda, a deputada do BNG Carme Adán cualificou a proposta do PPdeG de "redución da democracia e do autogoberno de Galicia". "Isto non é máis que tinta para non falar dos problemas verdadeiros dos cidadáns, como o paro e o aumento do custo da vida en áreas como a electricidade, os combustibles e outros bens e servizos básicos", dixo.

 

Ademais, criticou que o PP asegure que esta reforma non variará o resultado electoral e afirmou que iso é falso", xa que, segundo dixo, o partido no goberno trata de asegurarse unha maioría que "ten perdida na rúa polas súas nefastas políticas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

13 Soberanista

Tanto tem que sejam 71 ou 61, esses deputados não representam aos cidadãos, representam aos partidos, os quais à sua vez só representam aos lobbies que os financiam legal ou ilegalmente. A democracia ou é democracia direta ou não é democracia. A soberania do povo está sequestrada por esses "representantes", independentemente de qual for o número de sequestradores, pois nenhum deles está sujeito ao imperativo dos cidadãos, que nada decidem, só escolhem cada 4 anos os chupópteros que irão decidir por eles.

1 Independentista

Pode ser, mas se isso é o que querem os cidadãos cumpriria respeitar a sua vontade soberana e ter menos soberba. Num determinado país, a corrupção política é proporcional à corrupção social. Se afirmas que todos ou a maior parte dos políticos são corruptos, isso é um sintoma duma sociedade que é corrupta até a medula. Primeiro porque tolera ou até premia a corrupção, e segundo porque esses políticos são produto e parte dessa mesma sociedade. Então o problema que temos não é tanto de sistema se não de que vivemos numa sociedade, a espanhola (a galega é ainda pior, dentro da espanhola), que carece de qualquer tipo de ética ou de escrúpulos e onde quem não rouba é porque não pode. É claro que o sistema pode ter uma influência nisso, mas nem toda. A chave da questão é que a gente se dê conta de que sem um mínimo de ética não pode haver prosperidade nem democracia de nenhum tipo.

2 Agora os magufos da DC

A democracia é democracia, iso que dis é fascismo. É perfectamente válida a democracia representativa, de feito non queda mais remedio que asi sexa en moitos casos (porque é imposible fisicamente). Por outro lado, é de iluminados pensar que se a xente vota a esta tropa, que non faria se os levas manseniñamente para un referendum. Que digo, estamos falando do referendo da OTAN? O sistema para votar vai ser sempre o mesmo: papel e urna, non busques fantasmas, é un problema social, non é un problema de liturxias nen de maxias potáxias.

3 Quanto coronel na GZ!

Isto é realmente o que querem os cidadãos??? Manda caralho, e é por isso que anda a maioria de gente a queixar-se da política profissional dia sim e dia também e é por isso que a classe política é um dos principais motivos de preocupação cidadã segundo os próprios inquéritos do sistema. Manda 'ghuevos'!! Aquando a abolição da escravitude houve muitos escravos que queriam continuar sendo-o, porque não conheciam - nem imaginavam! - outra cousa!! :-p

4 Independentista

Os galegos já são livres. Não precisam que venha a magufada explicar-lhes quais são os seus interesses. E livremente votam ao PP porque são igual de corruptos que eles. Cada um rouba o que pode, por isso ninguém se admira de que os outros também roubem. Os pobres roubam pouco e os ricos roubam muito. É uma simples questão de escala. Queixam-se dos políticos como poderiam queixar-se da chuva... Não esperam realmente que nada vaia mudar. O resto é demagogia barata para bater o papo nas tavernas e para que UPyD, Escanos en Blanco e mais o PT possam converter a rede no seu particular e hipocrita muro das lamentaçoes.

5 Korosho: semos libres!!

Chegou "a verdade contrastada" e falou: Silêncio.. :DD A ver, cada quem fala do que conhece, e eu não sei de que parte será você ou como será a sua família, etc... , mas não fale polos demais. Todavia, dado que para você este país e esta gente não tem remédio, permita-me um conselho: emigre para algum desses países civilizados, se é que não fez já, tão progressistas e tão 'guais del Paraguais' eles, e deixe que quem tiver intenção, vontade e aços para fazer algo, faça. Abur!!

6 Independentista

A "alienação" é a excusa do mal perdedor. Os galegos votam ao PP por convicção, porque é o partido com quem melhor se identificam, o mais parecido a eles próprios. Ninguém nos pode salvar de nós próprios. Temos o que queremos e o que merecemos.

7 Supermagufo

Evidentemente o assemblearismo é fascismo, e quem a promovem são «magufos» paracientíficos. A única democracia válida é o parlamentinho (instituição regional espanhola) e não há nada mais científico do que o salário de deputado.

8 Alerta Magufa

Non, ho, o científico é deitar menhires contra o propio tellado e poñer os col_lóns debaixo cando cae. Os da Vida de Brian quedabanse cortos de car_allo...

12 Gamela

Ke tal lles parecería deixarlles tódolos escanos a eles? Bastaría non presentar ningunha candidatura ao Parlamento de Galicia! (agás a desa señora de Ourense que seica é Roja!)

11 Foucellas

Nada, que seguides enliados. Que ben lle vai ao cristofascismo do pp. País dos ananos! E longa noite de pedra por século, seculoren. Non hai que facer.Somos jalejiños....

10 Independencia e socialismo

Falaba Bertolt Brecht que nada mais semellante a un fascista que un burgués temeroso de perder o seu poder. O fascismo non é mais que un cortafogos de posibles posicións mais radicais contra seus intereses, usado polas burguesías en épocas de crise. Moitos dos que se amosan agora coma antifascistas foron antes os que avalaron a fascistas e ao mona-arca imposto por Franco mais o gatopardismo neo franquista chamado "falsa transición". Apoian o colonialismo, o euro e a CEE, co cal apoian as suas medidas impostas. Se lles cae agora outro dos seus mitos, a falsa "democracia representativa" se gobernan con maioria absoluta os PP(erros) con tan só un 26% de apoio de votantes con dereito a voto, poden chegar a gobernar con tan só un 17%.

1 Inútiles fora

Que fascismo nin que neno morto. A ti o que fode é a posibilidade de perder de gañar 5000 euros ao mes sen pagar impuostos e sen dar golpe. Iso é todo, e o demais contos chineses de esquerdistas de salón

2 XanKaraLlás

Pois que non quiten deputados, que iso é quitar democracia porque cantos menos deputados menos proporcionalidade, menos se corresponden votos e deputados. A solución se de verdad se quixese aforrar sería ben simple: ¿por que non reducir á metade o soldo dos deputados? Houbo quen desde a esquerda (ou non sei se desde o PSOE) propuxo iso e non se acepta, ¿por que?. Pois pola sinxela razón de que o que se busca non é aforrar (xa se carga o peso da crise sobre os de abaixo), o que se busca é facilitar de novo o triunfo da dereita nas eleccións e o demais son contos.

9 Foucellas

Que sigades pelexando entre vós, que asi nos vai. Para que unidade e organización dos demócratass antifascistas? Mellor que siga ganando a dereita cristofascista do PP. Por que non vedes onde está o problema? O problema está nas organizacións galeguistas, nacionalistas, de esquerda, que neste intre tiñan que por no conxelador a soberanía e a revolución, e ir xuntos polas parroquias a convencer ao pobo que hai que botar fóra das institucións aos fascistas e ladróns, aos asasinos de razóns e de vidas como dicía Lluís Llach en campanads a morte. Per como dicía o poeta, "País dos ananso". Asi nos vai, cada vez máis pobres, cada vez más aldraxados, cada vez máis humillados e con menos independencia. Que vos dean, cantamañçás do BNG,AGE,CXG,etc, etc. Espabilade dunha pv, cando vais a por vós será tarde. O fascismo percorre europa e vós seguides facendo pallas mentais.

1 verdadeiroEcerto

@Vieiras = goberno do pp (formula matematica da excelencia do señorio de Brion 2+2=5). namentras este o vello cancodrilo do @vieiras xa pode ser o sistema electoral este o outro o da republica moldava o dos estados unidos ou da corte inglesa, etc.... @VIEIRAS = GOBERNO PP

2 apitalevounaoraposo

cxG = R.I.P