O PP reducirá os deputados da Cámara

Os partidos máis pequenos terán máis dificil entrar no Parlamento ao reducirse até 8 os escanos por provincia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/01/2014 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Feijóo e o seu partido seguirán adiante para rebaixar a Cámara galega de 71 a 61 deputados na vindeira lexislatura e iso, a pesares de non contar co apoio de ningún outro grupo político.

Pedro Puy Fraga
Pedro Puy Fraga | Fonte: ppdeG

De feito, os populares rexistraron este xoves a proposta para modificar a lei electoral autonómica e establecer o número mínimo de deputados por provincia en 8, fronte aos 10 da actualidade. Así o explicou o portavoz do PP no Parlamento, Pedro Puy. "Tentamos pactala cos grupos da oposición, que a rexeitaron e é dificilmente atacable desde o punto de vista de que o PP quere obter vantaxe electoral", apuntou.

Puy insistiu en defender esta propsota porque, dixo, o Estatuto establece unha franxa de entre 60 e 80 deputados. "O que queremos facer é un axuste nun momento de reformas administrativas e institucionais e lexitimamos así o poder público autonómico", engadiu ao tempo que negou que se trate de buscar vantaxes electorais. 

Con esta distribución, o número de deputados asignados por territorio sería de 32, un 52,46 %, fronte aos 40 da actualidade, un 53,3 % ; mentres que por poboación o número de deputados elixidos serían 29, un 47,54 %, fronte aos 35 da actual norma, que representan un 46,6 % da poboación.

Máis peso para Lugo e Ourense

Deste xeito, as provincias da Coruña e Pontevedra, as máis poboadas --e onde os grupos da oposición sacan mellores resultados-- , perderían 4 representantes cada unha e pasarían a elixir 20 e 18 deputados, respectivamente, fronte aos 24 e 20 da actualidade.

O descenso en Lugo e Ourense, as menos poboadas, sería de tres deputados en cada circunscrición, co que pasarían a elixir 12 e 11 deputados, respectivamente, fronte a 15 e 14, na actualidade. "Este sistema electoral non persegue só a representatividade, senón tamén a estabilidade e supón un comportamento razoable entre representatividade e estabilidade", defendeu.

Críticas da oposición

Con todo, os seus argumentos non convencen á oposición. "O PPdeG está a practicar o trilerismo político", dixo o deputado socialista no Parlamento de Galicia e exsecretario de Organización do PSdeG, Pablo García. "A cousa é sinxela. O señor Feijóo é hoxe presidente co 24% de apoio e sabe que non vai ter ese 24% de apoio e, polo tanto, quere garantirse a maioría absoluta con que o voten un de cada cinco galegos; e non lle deamos máis voltas", afirmou.

"Se (Feijóo) quere garantirse a maioría absoluta con menos votos a través desa maña e trilerismo político, aí non imos estar", dixo ao denunciar que unha reforma como a da Lei electoral "ten que ter certo consenso, pero ao señor Feijóo iso non lle importa".

Pablo García suliñou que reducir o número de deputados na Cámara galega sería "reducir democracia", "non porque lle conveña ou non ao PSOE, senón porque cremos, como no seu momento demostrámolo a pesar de que se podía facer, que sen consenso non é a mellor maneira de abordar estas cousas", concluíu.

Tamén a deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Consuelo Martínez, criticou a proposta do PPdeG porque "non ten que ver coa crise" senón que persegue "manter a maioría parlamentaria sabendo que vai perder moitos votos".

Así, censurou que o PP poña "a crise como motivo" para facer esta redución de deputados xa que o obxectivo real é "manter o bipartidismo" e asegurarse unha "maioría parlamentaria". "É curioso que o PPdeG insista na repartición territorial, con máis peso para as provincias de Lugo e Ourense, menos poboadas, en comparación coa Coruña e Pontevedra", denunciou.

Mantense a actual barreira de 5 por cento por provincia. Na prática, ao reducirse o número de deputados, isto implica que calquera partido debe obter máis do cinco por cento dos sufraxios para ter opcións de lograr un escano.

Cuestionado por este detalle, o voceiro do PPdeG quitoulle importancia. Na súa opinión, o único que deben preocuparse os partidos extraparlamentarios e por conseguir votos. Ademais, Pedro Puy estima que será en Lugo e Ourense onde subirá o límite, pronvincias nas que "nas que non poñen as súas expectatvias os partidos extraparlamentarios".

De acordo aos prazos que rixen na Cámara Galega, a maioría do PPdeG estará en condicións de cambiar a Lei Electoral antes dos comicios europeos, a tempo de poder esgrimir na campaña o cumprimento dunha das promesas máis polémicas da lexislatura, pois o cambio significa que un partido en solitario modifica significativamente o sistema que rexe a democracia en Galicia, sen que ningunha outra forza o apoie.

Pola súa banda, a deputada do BNG Carme Adán cualificou a proposta do PPdeG de "redución da democracia e do autogoberno de Galicia". "Isto non é máis que tinta para non falar dos problemas verdadeiros dos cidadáns, como o paro e o aumento do custo da vida en áreas como a electricidade, os combustibles e outros bens e servizos básicos", dixo.

 

Ademais, criticou que o PP asegure que esta reforma non variará o resultado electoral e afirmou que iso é falso", xa que, segundo dixo, o partido no goberno trata de asegurarse unha maioría que "ten perdida na rúa polas súas nefastas políticas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

8 Un votante cabreado

Se lles presentaron outras alternativas que levaban a unha maior rebaixa do orzamanto para a Cámara, pregunta Por qué o PP non ha acepta e segue emperrechado coa rebaixa dos deputados? Fraga xa gobernou ubn montón de anos sen que o PP fora o partido máis votado; Feijó está gobernando ainda que perdeu un montón de votos e suma menos que os demáis partidos xuntos. Que lle erguan un monumento ao Sr. HONT e que deixen o Parlamento en paz.

7 Un de CxG.

Que lles reduzan os soldos, e que non recorten soberania nacional.

6 Xoelho

Tal como están as cousas, coa reducción do número de deputados e co conseguinte destrozo da xa bastante deturpada proporcionalidade, co sectarismo da UPG-BNG, a esquerda non vai ter nada que facer. Porque ou toda a esquerda (non conto o PSOE) vai unida, sen distinguir "galeguistas" e espanholistas", ou melhor sería que se dedicasen a tocar a gaita en vez de presentarse ás eleicións.

1 Rayleigh

Perdoe Sr. Xoelho..pero aquí xa existía o BNG e o PSOE na esquerda..Se tanto lle molesta a desunión da esquerda, por que o PCE non deixou de presentarse? Que se te mira o plumeiro, rapaz!! Tápate as vergoñas! O fanboy do PCE chamando sectarismo a outros. VIVIR PARA LER!! Espero que se disolva o PCE en Galiza. Por que crer que vai repetir ou mellorar resultados Yoli, a tipa que pasou de 4 concelleiros a 2 en Ferrol e o PP conseguindo o seu record de votos, é de ser moi hooligan. POLA UNIÓN DA ESQUERDA! DISOLUCIÓN DO PCE, XA! Se non se disolve quedará claro a dobre moral do PCE do mesmo xeito que o acordo co PP en Oviedo de hai unhas semanas.

2 Xoelho

Non dis máis que incongruencias, Ray. Non se te pode tomar en serio.

5 xanrozo

Aquí nin goberno nin oposición son sinceiros. O goberno faino por razóns electoralistas, non polo aforro. A oposición sabe que a proporcionalidade se mantén e o que lle doe é a perda de cartos...

1 Xan

Coa sistema de D'Hondt non se mantén a proporcionalidade, ao contrario, beneficia ao partido maioritario porque se manteñen 4 circuscripcións é moito más senxelo acadar a mayoría absoluta que con 73 deputados. Outra cousa sería que se eliminaran as 4 circuscripcións, e que fora única. Entón podería ser máis ou menos xusto.

2 AGEncia de colocacion

A oposición xa lle cortaron a billa dos cartos, non necesitan baixar o número de deputados para iso, cabeza lúcida. Claro que é electoralista, porque non poñen círculo único?

3 nicomedes

exactamente pero sobre todo no vello @Vieiras que ten un control total sobre o AGE recaudando e sacando os deputados un tanto por cento do salario e do salario diferido e do salario de dietas e levando para o feudo o vello @vieiras non perde un centimo ten que manter un ritmo de vida grande en restaurantes e viaxes a paris por altermundialismo dese, por eso cada deputado e unha vaca a que ten que muxir ata sacarlle os cartos ¿o e que pensaban como o gran danes que os cartos ian ser deles? non e mil veces non a feudataria funciona o gran señor non pode perder un centimo!!!! o @Vieiras e o grande da "iakuza" galego-politica-expañolenta age o gran dragon smaug dos cartos do castelo de brion

4 DDT

Eu eliminaba os 71.