O aluguer de parcelas do Banco de Terras increméntase un 17% no primeiro semestre

A conta total de parcelas arrendadas ascende a 400.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2021 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

Un total de 400 parcelas, cunhas 220 hectáreas, do Banco de Terras foron alugadas no primeiro semestre deste ano, o que supón un incremento do 17% respecto ao mesmo período do ano pasado. Segundo informa a Consellería de Medio Rural a Europa Press, este aumento "indica a importancia dos novos instrumentos" para a mobilización de terras, dado que supera o crecemento de entre o 5% e 7% que se produciu en anos anteriores no primeiros seis meses do ano.

Aínda que "aínda é cedo" para avaliar a súa repercusión, este departamento destaca que a lei de recuperación de terra agraria --que entrou en vigor o 22 de maio-- "xerou unhas boas expectativas de cara á mobilización de terreos", pois percíbese "unha paulatina e progresiva dinamización" do Banco de Terras. Así, ferramentas contempladas na lei, como aldeas modelo, polígonos agroforestais e agrupacións de xestión "contribuirán a cimentar esa positiva evolución", valora Medio Rural.

INCORPORACIÓN DE PARCELAS

Pola súa banda, a incorporación de parcelas ao Banco de Terras "avanza francamente ben". No principio do ano figuraban 12.134 parcelas xestionadas por este instrumento integrado na Axencia Galega de Desenvolvermento Rural, que se incrementaron ata as 12.530 parcelas a mediados de mes de xullo.

No tocante ás hectáreas, hai unha alza ata as 6.315, unhas 280 hectáreas máis que a comezos de ano. Case todas corresponden con novas figuras de recuperación, fundamentalmente aldeas modelo, nas provincias de Ourense e Lugo.

Por provincias, á cabeza está A Coruña (4.754 parcelas e 2.323,5 hectáreas). Séguenlle: Lugo (2.986 parcelas e 1.963 hectáreas); Ourense (3.106 parcelas e 1.462 hectáreas); e Pontevedra (1.684 parcelas e 566,5 hectáreas).

Arquivo - Un home, Jesús Trastoy traballa o seu horto con máscara en Xermar, Cospeito, en Lugo, Galicia (España), a 22 de marzo de 2021. O sector primario foi fundamental durante a pandemia. Agricultores e gandeiros deron o mellor de si mesmos. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un home, Jesús Trastoy traballa o seu horto con máscara en Xermar, Cospeito, en Lugo, Galicia (España), a 22 de marzo de 2021. O sector primario foi fundamental durante a pandemia. Agricultores e gandeiros deron o mellor de si mesmos. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 xisco

E decir que as Aldeas modelo incorporaron gran parte das hectáreas . E decir todo sigue igual pero as estadísticas non reflicten as hectáreas que se ofrecen para aluguer e cantas se alugan cada ano. E se o incremento é dun 6 por cento pois quere decir que as aldeas modelos mobilizan recursos da administración en gran parte.As aldeas modelo non son un modelo como reparto de beneficios precisamente.